A Garda Civil apunta que a moza que apareceu inconsciente en Malpica non foi drogada con burundanga

Fontes da Garda Civil confirmaron que "nun principio" non hai signos de que sufrise unha agresión sexual ou que se lle fornecese algún tipo de droga.

Por E.P. | A CORUÑA | 27/08/2018 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

A Garda Civil abriu dilixencias pola aparición na mañá do domingo dunha moza en estado inconsciente en Malpica, segundo confirmou a Europa Press fontes da Benemérita.No entanto, "en principio" non hai sinais de que lle fornecesen algún tipo de droga nin de que sufrise unha agresión sexual, pero foi trasladada para unha revisión sanitaria.

Porto de Malpica
Porto de Malpica | Fonte: turismo.gal

A moza foi achada no carreiro que une a praia de Malpica coa de Seaia, precisaron desde Protección Civil sobre un feito que se produciu coincidindo coa celebración das Festas do Mar neste municipio. Unha vez que se tivo constancia da súa situación, foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) para sometela ao exame médico.

Fontes da Garda Civil confirmaron a Europa Press que "nun principio" non hai signos de que sufrise unha agresión sexual ou que se lle fornecese algún tipo de droga que a deixase en estado inconsciente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta