Ayrán Núñez, o dj canario que converte o 'latin trap' en mambo para amenizar as verbenas galegas

O seu repertorio inclúe unha mestura entre música urbana, latina e electrónica, seguindo o exemplo de artistas como Juan Magan ou Danny Romero, sempre como máxima de que "cando o público marche para a casa pense naquel momento da noite no que o dj puxo unha canción na que todo o mundo se volveu tolo".

Por Ángela Precedo | Santiago de Compostela | 01/09/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Ayrán Núñez é actualmente un dos mellores djs do mundo da verbena galega e o único canario que se adica dentro dela a facer arranxos musicais deste tipo. Defínese a sí mesmo como unha persoa “traballadora, humilde e leal”. Ademais, sinala que o seu estilo musical trátase dunha “mestura entre música urbana, latina e electrónica”, apaixoado polos temas de estilo “latin trap pasado a mambo”, polo que entre os seus referentes destacan figuras como Juan Magan e Danny Romero.

Actuación de Ayrán Núñez.
Actuación de Ayrán Núñez.
 

Una publicación compartida de AYRAN NUÑEZ (@djayrannunez) el

Actuación de Ayrán Núñez.
Actuación de Ayrán Núñez.

Para el, un bo dj é aquel que nunha festa “sabe poñer as cancións axeitadas para o público que ten diante”, de tal xeito que “sepa manter unha continuidade e unha lóxica na sesión”, para que “a xente non pare de bailar, que é o máis importante”, de maneira que “todo o mundo o pase ben”. Neste senso, cre que a verdadeira esencia do seu traballo está “en que cando o público marcha para a casa pense no momento da noite no que o dj puxo aquela canción na que todo o mundo se volveu tolo”.

Os seus comezos no mundo da música débense á presenza paterna. “Meu pai é músico –actualmente é o director da formación canaria El Combo Dominicano, José Cirano Núñez, que arrasa dende fai anos por todo o territorio galego--, polo que sempre estiven en contacto coa música dende moi pronta idade”, explica Ayrán. Deste xeito, dende moi pequeno, deu clases de piano e guitarra, nas que aprendeu “nocións básicas”.

Sen embargo, “para aquela época nin tan sequera me gustaba o merengue, o meu era o rock”, bromea o dj canario; até que “escoitei unha canción que cambiou a miña maneira de vela música”: o tema ‘Cinema’, de Skrillex, no ano 2012. A partir dese momento foi cando comezou a “mover e investigar como se pinchaba, os equipos que se usaban, as diferentes técnicas de mezcla”, e demais trucos.

Con todo, tamén se amosa consciente de que “nas festas familiares non vas a poñer Skrillex”, polo que “fun pouco a pouco adaptándome a repertorios de diferentes estilos”. “A partir de ahí seguín practicando e formándome até que cheguei a Galicia e empecei a tomarme todo isto máis enserio, como un verdadeiro traballo”, apunta Ayrán.

E, precisamente, sobre a súa chegada a Galicia, o dj asegura que “xuntáronse varios factores” para que fose posible. Por unha parte, “nun principio, eu viña a traballar como montador coa orquestra El Combo Dominicano”, xa que “estiven catro anos traballando con eles”. Mais, “fai tres anos, nunha festa na que actuaba El Combo, precisaban dun dj para pinchar música nun descanso, a última hora”, así que “Cirano –director da formación canaria—comentou que eu era dj, e como levaba o equipo enriba dixeron que tiña a oportunidade”. “Ao rematar quedaron contentos e comezaron a contar comigo, foi a partir de ahí cando empecei a pinchar en máis lugares”, afirma.

Sobre a Comunidade galega, Ayrán considera que “Galicia aporta moitas emocións en cada viaxe polas súas catro provincias, con paisaxes marabillosos, moi boa gastronomía e moi boas persoas”, e sinala que “é preciosa e a súa xente marabillosa”, xa que, “sen dúbida, o público galego é único”.

Dentro da súa traxectoria, sinala como a actuación máis emotiva, pese a que “é moi difícil elexir entre todas”, xa que “en todas mo paso xenial e me levo moi bos recordos de cada unha delas”, elixiría a de Balaídos, en Vigo (Pontevedra), porque foi “asombroso, a xente non paraba de bailar, cantar todos os temas que puxen e de dalo todo”. Sobre esa noite, comenta que: “recibín moitos aplausos e sentinme moi orgulloso e alagado, foi unha experiencia inolvidable”.

Á hora de compoñer, Ayrán explica que o proceso comeza coa modificación dos archivos de audio, o tempo das cancións, o tono… “Comezo a tocar un par de acordes e se me gusta como zona prosigo coa idea”, di o dj, “e vai saíndo só”. Ademais, asegura que hoxe por hoxe, só ten en mente dúas cousas: “actuar, actuar e actuar”, en primeiro lugar; e en segundo, “formarme máis na área da producción musical”.

Nun futuro, vese “traballando para min mesmo, creando cancións, facendo colaboracións, mellorando cada día no meu traballo como dj, pinchando música de aquí para alá, pero sempre manténdome fiel ao meu estilo”, subraia o artista. Sobre outras posibilidades relacionadas co mundo do espectáculo, como pode ser a de cantar, Ayrán bromea con que “gústame moito cantar, mais, como soe decirse, na ducha”.

Actuación de Ayrán Núñez.
Actuación de Ayrán Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta