Máis de 100 hectáreas ardidas en Monterrei

Segundo datos achegados pola Consellería de Medio Rural, súa extinción "evoluciona favorablemente".

Por E.P. | OURENSE | 30/08/2018 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

O incendio forestal que se iniciou na tarde deste mércores no municipio ourensán de Monterrei supera xa as 100 hectáreas afectadas, aínda que a súa extinción "evoluciona favorablemente", segundo os últimos datos achegados pola Consellería do Medio Rural.

Tantan apagar un incendio en Ourense
Tantan apagar un incendio en Ourense

A zona da cabeza do incendio xa se cortou e durante a mañá estívose traballando nun flanco, precisou a Consellería a Europa Press. O feito de que o vento remitise no lugar tamén está a facilitar as tarefas de extinción. Desde o inicio do incendio, ás 17,54 horas na parroquia de Vilaza, interviñeron dezaoito axentes, 39 brigadas, 17 motobombas, 2 pas e dous técnicos, en canto a medios terrestres.

Os medios aéreos reincorporáronse á primeira hora da mañá deste xoves. Até o momento, traballaron na zona un total de 12 helicópteros e catro avións. Na extinción do lume resultou ferido un axente forestal, que xa foi dado de alta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Per

Sodes o único medio que fala dos incendios ,, menos mal