Os acusados de asaltar o Pazo de Meirás volven ao Pazo un ano despois da súa acción reivindicativa

O colectivo dos "19 de Meirás", integrado por militantes do BNG, regresou para reclamar que o inmoble sexa "devolto ao pobo galego".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2018 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

O colectivo dos '19 de Meirás', os militantes do BNG que hai xusto un ano fixeron unha acción reivindicativa no Pazo de Meirás, regresaron este xoves ao lugar para, novamente, reclamar que o inmoble sexa "devolto ao pobo galego".

Os 19 de Meirás volven ao Pazo. REMITIDA
Os 19 de Meirás volven ao Pazo. REMITIDA | Fonte: Europa Press

"Hai hoxe un ano, un grupo de galegos demócratas, militantes nacionalistas, sindicalistas, activistas sociais, culturais e da memoria, decidimos realizar unha acción pacífica e simbólica, que consistiu en despregar dúas pancartas da fachada principal do Pazo de Meirás. Deste xeito, reclamabamos a intervención dos poderes públicos para que o patrimonio usurpado tras o golpe de estado fascista polo ditador Francisco Franco fosen recuperados para o pobo galego", lembrou, ante as portas do pazo, o portavoz do colectivo, Anxo Louzao.

Como consecuencia desta acción, un total de 19 persoas "foron denunciadas pola familia Franco e a Fundación Francisco Franco", uns feitos polos que terán que declarar en sede xudicial o próximo mes de setembro.

Un ano despois desta reivindicación, os '19 de Meirás' "reafirmáronse" nesta "acción simbólica e pacífica" que, segundo destacaron, "xa conseguiu un dos seus obxectivos: reactivar o debate social e político sobre a recuperación do Pazo, metelo na axenda política galega e obrigar ás institucións públicas a manifestarse ao respecto". "Se hoxe se fala tanto de Meirás, da Casa Cornide, das estatuas de Abraham e Isaac, é grazas a accións como está, o que demostra a súa utilidade e necesidade", indicou Louzao.

Con todo, o obxectivo fundamental "non está aínda cumprido", recordou o portavoz, que volveu a pedir "a devolución ao pobo galego do Pazo de Meirás". "Non pararemos até conseguilo", resumiu. Para os '19 de Meirás', esta cuestión "é necesaria e é posible", xa que se trata de "vontade política". En concreto, e en relación a esta cuestión, puxeron como exemplo casos como o do Val dos Caídos.

DENUNCIA DO FRANCO

O colectivo apuntou que a denuncia formulada pola familia franco é "unha barbaridade do punto de vista tanto político canto xurídico". "Unha vez máis se está tentando criminalizar o exercicio do dereito democrático á liberdade de expresión, un feito que consideramos en si grave e inadmisible", indicou Louzao.

A "gravidade" desta cuestión, engadiu, vese "acentuada" porque quen fai esta "criminalización" é "a familia do ditador", que "se aproveita e beneficia do botín de guerra", e unha fundación que, "polos seus obxectivos de realizar apoloxía do fascismo e da ditadura, non debería existir e menos aínda ser receptora de subvencións públicas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Galegus

Usar la estrella roja y ser comunista es incompatible con la democracia, a no ser que se entienda por democracia el régimen comunista de Corea del Norte. Se ve que ahora les viene el canguelo, pero cuando se entra por la fuerza en una vivienda se está cometiendo un delito, sea de quien sea dicha vivienda. Por tanto, ahora menos lloros y a apandar con lo cometido. Cheira a talego.

1 anonimo

A Xustiza é a razón de Estado, e tamén asiste aos Franco cando se causan danos. Como o obxectivo era ideolóxico, están acusados dun delicto de odio. Por outra banda é para partir o peito que xentes da UPG, último partido marxista-leninista de Europa, se presenten como demócratas cando aspiran a un réxime de partido único.

1 Leike

O dano causárono Franco e os seus. Manda truco que acusen de odio os asesinos e ladróns. E que ti te escudes en quen denuncia o espolio para así rebaixalo.