O Concello da Coruña insiste en que legalmente se lle pode condonar a débeda ao Porto

Destaca que é "cuestión de vontade política" darlle o mesmo tratamento á Coruña que a Valencia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 30/08/2018 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña defendeu este xoves que hai "marco normativo" para condonar a débeda ao Porto da Coruña contraída pola construción do Porto Exterior de Punta Langosteira e insistiu en que é "cuestión de vontade política" darlle o mesmo tratamento á Coruña que a Valencia.

En declaracións aos medios, o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, rexeitou a postura do PSOE, que este mércores aseguraba que a condonación da débeda do porto da Coruña como o de Valencia é inviable "xuridicamente" porque non son casos similares. "Non estamos de acordo", afirma Varela.

"A Comisión Nacional de Competencia si verificou que co novo marco normativo europeo, que se aprobou a mediados do ano pasado, é posible as axudas do Estado a portos e a infraestruturas de interese estatal", apuntou o edil.

Varela asegurou que se trata dunha "cuestión de vontade política" dar o mesmo trato á Coruña que a Valencia. "Tanto un consorcio como unha Autoridade Portuaria son organismos dependentes do sector público e poden ser obxecto de axudas estatais", afirma.

EN MAREA

"Terá que ter un estudo xurídico, pero o novo marco normativo permíteo", subliñou o edil acompañado polo portavoz de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, quen lembrou as iniciativas xa presentadas na Cámara Baixa para instar o Goberno a condonar a débeda á cidade coruñesa.

Así, Gómez-Reino pídelle ao executivo de Pedro Sánchez que "recolla" a demanda do Concello da Coruña, porque a cidade non pode "pagar os excesos dos gobernos do PP e PSOE".

Vista do porto exterior da Coruña
Vista do porto exterior da Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 paletismo ilustrado¡¡¡¡

Jolín pelines a la mar... claro que se puede pagar esa deuda con el dinero de todos y luego hacemos otro puertito por ahí ... no sé en xunqueira de ambía ou en cotobade... que estan en contra del progreso coñin .... más portos e cidades da cultura para espallar a cultura por el nuestro país ....