En Marea pídelle a Sánchez que se ocupe da axenda galega porque "necesita os seus votos"

Lembra que os cinco votos de En Marea son necesarios para Sánchez: "E estamos na antesala da negociación orzamentaria", avisa.

Por E.P. | Compostela | 05/09/2018 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

En Marea reclamou este mércores ao Goberno que, ademais de Cataluña, se ocupe da axenda galega e lembrou ao presidente Pedro Sánchez que tamén necesita os seu cinco votos para sacar adiante no Congreso as propostas do Executivo.

Alexandra Fernández, Luís Villares, Miguel Anxo Fernán Vello
Alexandra Fernández, Luís Villares, Miguel Anxo Fernán Vello | Fonte: EP

O pasado mes de xullo, a confluencia galega de Unidos Podemos dirixiu unha carta á ministra de Política Territorial na que pedía abrir unha liña de negociación bilateral co Goberno para que a "axenda galega" forme parte das súas políticas. "Cataluña é un problema de Estado, pero non pode opacar a axenda galega", resumiu entón a deputada Yolanda Díaz.

Dous meses despois, o actual portavoz de En Marea, Antón Gómez-Reino, reiterou a súa reclamación con motivo da comparecencia da ministra Meritxell Batet no Congreso e volveu a argumentar que se "Cataluña é importante, Galicia é igual como país e como nación".

QUE ISTO NON SE CONVERTA NUN CONFLITO

En Marea non viu ningún avance en financiamento autonómico e segue esixindo cuestións como o traspaso da AP-9, unha demanda unánime en Galicia, ou a presenza da Xunta nas negociacións da Política Agraria Común (PAC) ou a Pesca na Unión Europea.

Yolanda Díaz espera que a falta de resposta da ministra non se converta nun conflito político e, para ilustrar este 'segundo aviso', lembrou que os cinco votos de En Marea son necesarios para o Goberno Sánchez: "E estamos na antesala da negociación orzamentaria", avisa.

CÍES E ONS

Noutra orde de cousas, a deputada de En Marea no Congreso Alexandra Fernández dirixiuse este mércores ao Ministerio de Transición Ecolóxica co fin de que impulse ante a Xunta que se aprobe antes de 2019 o plan reitor de uso do Parque Nacional de Illas Atlánticas.

Tamén alertou de que a masificación en Cíes "estendeuse á Illa de Ons" neste verán, de forma que "a situación de sobreexplotación empeorou se que se adoptasen as medidas precisas para evitar a deterioración dun espazo de gran valor ambiental".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 xacobe

Patéticos estes do grupo "pralamentar"