A CIG denuncia as negociacións “por chiringuitos” da RPT do Concello de Pontevedra

O sindicato nacionalista pon en apuros ao goberno de Lores en Pontevedra e pide o desbloqueo na tramitación da relación de postos de traballo do concello.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 05/09/2018 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

A CIG e o Concello do Pontevedra manteñen un tira e puxa a conta da relación de postos de traballo (RPT) do municipio. A central nacionalista sostén que tras dous anos, o proceso na tramitación da RPT “non se pode dilatar máis”, e insta o goberno local, tamén nacionalista, á convocatoria da mesa xeral de negociación para lograr unha solución que implique a todos os colectivos, deixando de lado as “negociacións parciais”.

A responsábel comarcal da federación de Administración da CIG, Dina Porral, acompañada do secretario comarcal, Marcos Conde, así como de membros da sección sindical da CIG no Concello de Pontevedra
A responsábel comarcal da federación de Administración da CIG, Dina Porral, acompañada do secretario comarcal, Marcos Conde, así como de membros da sección sindical da CIG no Concello de Pontevedra | Fonte: CIG

Por iso, a responsábel comarcal da federación de Administración da CIG, Dina Porral, acompañada do secretario comarcal, Marcos Conde, así como de membros da sección sindical da CIG no Concello, compareceron este mércores en conferencia de prensa para darlle un toque de atención ao executivo local sobre a necesidade de axilizar e desbloquear o proceso da RPT. 

O goberno municipal debe abandonar as negociacións en despachos ou por chiringuitos”, denunciou o sindicato que  insiste en que os acordos deben tomarse nas mesas e por maioría, “tal e como indica a lei”. Ademais, lembra que quere “unha RPT que dea solucións ao conxunto do persoal, independentemente de onde traballe”.

“FALTA DE OBXECTIVIDADE”

Segundo indicou Duarte, membro da xunta de persoal no Concello, “a finalidade da RPT non é unicamente económica”, se non que “é fundamental que se realice unha valoración obxectiva dos postos” como o “instrumento máis importante para o día a día do persoal”.

Nese sentido, criticou tanto a metodoloxía como a “falta de obxectividade” da empresa contratada para a elaboración da relación, con “ponderacións que distorsionan as características dos postos” e que están a xerar malestar entre os traballadores/as municipais, ao non clarificar adecuadamente as funcións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Marga

E cal é a empresa contratada?