Denuncian que Feijóo fai "propaganda electoral" a conta de "contratacións en precario" de médicos

A Confederación Española de Sindicatos Médicos (CESM) pide que se acabe coa precariedade laboral que sofren os médicos de familia e denuncia a apertura de "consultas baleiras" como a de Ares, con 5 consultas de medicina xeral e só 3 médicos de familia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/09/2018 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

A Confederación Española de Sindicatos Médicos (CESM) en Galicia reclamou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "marque un itinerario claro aos seus colaboradores" para que se reforce "dunha vez por todas a Atención Primaria" e denunciou que a incorporación de médicos que anunciou este martes responde a un "tipo de contratacións en precario".

Feijóo xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, nunha sala de urxencias
Feijóo xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, nunha sala de urxencias | Fonte: xunta.gal

O secretario xeral de CESM en Galicia, Antonio Otero, a través dun comunicado, esixiu ademais que se acabe coa precariedade laboral que sofren os médicos de familia da Sanidade Pública en Galicia", ante "a sobrecarga de traballo con intersustituciones e prolongación de xornadas" que, engade, "están a converterse en algo habitual".

Neste sentido, cualifica de "auténtica propaganda electoral" o anuncio realizado por Feijóo sobre a incorporación de 98 médicos de familia e acúsalle de "non dicir" que se trata dun tipo de contratacións en precario, que se van encadeando ano tras ano".

Nalgúns casos, agrega, a situación actual é a de "contratados que terminaron a especialidade mesmo antes de 2012 e continúan sen a súa praza estable". Antonio Otero puntualizou que con "estes parches" non se resolve o "problema estrutural" que arrastra a Atención Primaria en Galicia "desde fai máis dunha década" e que "reiteradamente" denunciou a asociación, sobre todo, ante os "colapsos en períodos críticos como poden ser os das vacacións ou as campañas de gripe".

O portavoz do sindicato sostén que para resolver a actual problemática sería preciso crear novas prazas que fortalezan a Atención Primaria e optimizar o Sistema Sanitario no seu conxunto, xa que "cunha dotación adecuada dos Centros de Saúde redúcense considerablemente as consultas hospitalarias" e, en consecuencia, o "custo do conxunto da Sanidade Pública".

Antonio Otero reclama, ademais, unha xestión "acertada e equitativa" na distribución de médicos, para evitar "os agravios que existen na actualidade" e que estima que se producen na maior parte dos Centros de Saúde.

CENTRO DE SAÚDE DE ARES: "5 CONSULTAS E SÓ 3 MÉDICOS"

O responsable en Galicia de CESM tacha de "inadmisible" que a Xunta priorice a apertura de "consultas baleiras" sobre a creación de novas prazas de médico de familia, e pon como exemplo a situación de Ares, onde asegura que existen 5 consultas de medicina xeral e só 3 médicos de familia, "sen que estea prevista a contratación de ningún máis".

Ante isto, CESM lembra que defende a creación de novos equipamentos e infraestruturas no Sistema Público de Saúde, así como a dotación instrumental "máis innovadora e adecuada", pero de forma paralela á dotación de persoal.

Así, advirte que "sería triste" que non haxa profesionais para atender as consultas e que manexen os equipos "máis sofisticados do mercado". "Se importante é a dotación de bens materiais, moito máis importante son os recursos humanos", engadiu.

Ademais, o sindicato matiza a valoración da Xunta sobre o último Barómetro Sanitario de 2017. Otero incide en que a pesar de que o 90% dos galegos están satisfeitos con "a atención que reciben dos médicos de familia da Sanidade Pública", non o están "coa atención que ofrece o Sergas, como se atribúe Sanidade".

Por iso, resaltan a "profesionalidade e esforzo" dos facultativos, que teñen "que dobrar quendas e atender até 70 pacientes ao día" nalgúns casos. Cuenstión diferente, conclúe, é a "nefasta xestión" da dirección do Sergas, que está "a lograr" que os médicos de familia "marchen a outras comunidades" ou á sanidade privada ante as "deplorables condicións de traballo en Atención Primaria".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta