Prisión provisional sen fianza para o detido por dous intentos de agresión sexual en Lugo

A detención do home produciuse na madrugada do venres na cidade amurallada despois de que un veciño escoitase os berros de auxilio da muller nunha céntrica rúa

Por E.P. | LUGO | 08/09/2018 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia

O xuíz decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home detido en Lugo o venres após tentar agredir sexualmente a unha muller que se dispuña a entrar ao portal da súa vivenda.

Comisaría de Lugo.
Comisaría de Lugo.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o home atópase investigado por dous delitos de agresión sexual en grao de tentativa após o seu pase a disposición xudicial.

A detención deste home, de 30 anos de idade e natural de Romanía, produciuse na madrugada do venres na cidade amurallada despois de que un veciño escoitase os berros de auxilio da muller nunha céntrica rúa.

O veciño procedeu a alertar ás forzas da orde, momento no que o presunto agresor fuxiu do lugar dos feitos. Ante iso, os axentes da Policía Nacional activaron un dispositivo de procura do home, que posibilitou a localización e detención do individuo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta