Galicia rexistrou o sábado case 3.500 raios

A zona máis afectada foi o sur do país, con inundacións en Ourense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2018 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou durante o sábado un total de 3.448, nunha xornada de tormentas e de inestabilidade meteorolóxica, en especial, no sur do país, que veu acompañada de choivas intensas que provocaron diversas inundacións na zona de Ourense.

Tormenta, lóstrego, raio. EUROPA PRESS - Archivo
Tormenta, lóstrego, raio. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Segundo a información recollida por Meteogalicia, entre as catro e as seis da tarde contabilizáronse un total de 917 raios. Na seguinte franxa horaria a cifra chegou aos 879, diminuíndo xa segundo avanzou a xornada aos 178 desde as oito ás dez, e aos 15 das dez ás doce.

De forma paralela, producíronse intensas precipitacións, que alcanzaron os 41,3 litros por metro cúbico no Alto do Poio en Pedrafita do Cebreiro en Lugo, e de 16,8 na propia cidade de Ourense.

As precipitacións provocadas polas tormentas, tal e como sinalou Emerxencias de Galicia, ocasionaron inundacións en diferentes puntos da cidade de Ourense, con varios baixos comerciais alagados na Avenida Marcelo Macías; así como da caída de árbores, arquetas levantadas por mor da acumulación de auga e inundacións nas rúas Río Arnoia e Avilés de Taramancos, nas avenidas de Marín, Santiago e Otero Pedrayo, ou na ponte da Valenzá a Marcelo Macías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta