O 061 asistiu a 66 persoas por 48 accidentes de circulación a fin de semana

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes, con 20 sinistros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2018 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 66 persoas debido a 48 accidentes de tráfico nas estradas galegas, ocorridos no período contabilizado desde as 15,00 horas do venres e as 23,59 horas do domingo.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061

A Consellería de Sanidade informou que o día que se rexistraron máis incidentes foi o sábado, con 20 accidentes. A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu estes días 57 chamadas en relación con accidentes de tráfico.

As alertas xeraron 48 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061, que atenderon a un total de 66 persoas. O 57% eran homes e o 43% mulleres. En canto ás idades dos feridos, o 34% dos atendidos tiña entre os 35 e os 49 anos.

En 62 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en tres ocasións atendeuse no propio lugar do incidente, e unha persoa faleceu no punto. Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes, con 20 sinistros de tráfico, durante os desprazamentos nestas datas, seguida de Pontevedra con 19, Ourense con 6 e Lugo con 3.

RECURSOS MÉDICOS

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 71. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en dous sinistros, mentres que o helicóptero medicalizado asistiu en dúas ocasións.

As ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 57 sinistros e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 7 accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres sinistros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta