Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2018 | Actualizada ás 14:04
O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, espera que esta tarde "impere o diálogo e que poida haber un acordo" na reunión en Santiago para tratar de desbloquear o conflito en Sargadelos.
O encontro, entre os sindicatos e a dirección da empresa, contará coa mediación do goberno autonómico a través do Consello Gallego de Relacións Laborais. "O único que pode facer a Xunta é mediar porque non se trata dunha empresa pública. O noso obxectivo desde o primeiro momento é que haxa diálogo, acordos e que se sigan mantendo os postos de traballo para que Sargadelos siga funcionando como o viña facendo nos últimos tempos", expresou Balseiro.
O delegado autonómico destacou a importancia da firma para a difusión da cultura galega, "Sargadelos é moito máis que unha empresa que fabrica porcelana, é cultura, riqueza e unha empresa singular que representa o que é Galicia en si dentro e fóra de Galicia e de España".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.