O goberno de Caballero ve "dobre vara" do PP por aceptar a comisión "contra Vigo" e non unha de Angrois

O concelleiro socialista, Santos Héctor Rofríguez, confirmou que proporá ao seu grupo a presentación de varias inciativas para crear dúas comisións de investigación.

Por E.P. | VIGO | 11/09/2018 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

En declaracións aos medios, o portavoz do goberno vigués, Carlos López Font, lembrou que o propio Feijóo se opuxo a unha comisión parlamentaria sobre o accidente do Alvia argumentando que non debía mesturarse a investigación xudicial cunha comisión política, porque "só prexudicaba ás vítimas".

Lugar do accidente no Marisquiño. Europa Press
Lugar do accidente no Marisquiño. Europa Press

"Pero cando é contra Vigo si que quere mesturar", criticou o concelleiro socialista, quen lembrou que, "casualmente", os argumentos esgrimidos no seu día por Feijóo son os mesmos que expón agora o goberno vigués con respecto ao accidente do Marisquiño. "Deixemos traballar á xustiza, é o que dixemos desde o primeiro día", sentenciou.

Por outra banda, o concelleiro socialista Santos Héctor Rodríguez, confirmou que proporá ao seu grupo municipal a presentación de varias iniciativas no pleno do Concello, co obxectivo de crear dúas comisións de investigación no ámbito municipal.

Segundo incidiu, unha delas sería para investigar a relación de Núñez Feijóo con Marcial Dorado e a desaparición, durante unhas inundacións, de documentos que vinculaban ás empresas do narcotraficante co Sergas. A outra comisión que se proporía, sería para investigar "os incumprimentos" da Xunta con Vigo no últimos dez anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta