Temas: AENA AEROPORTOS

Os aeroportos galegos incrementaron o tránsito segundo Aena

O número de usuarios que pasaron polos aeroportos galegos durante o pasado mes de agosto creceu un 3,5% en comparación co ano anterior, rozando o medio millón de viaxeiros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2018 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

Segundo as estatísticas publicadas este mércores por Aena, os tres aeroportos galegos rexistraron no oitavo mes do ano 498.859 usuarios, o que supón 16.841 máis que hai un ano. Por terminais, o aeroporto de Santiago foi o que rexistrou un maior número de viaxeiros, até 267.549. Con todo, foi o único do tres galegos que experimentou un descenso en termos interanuais, cun 1,5% menos de usuarios.

Aeroporto De Santiago de Compostela. AEROPUERTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Archivo
Aeroporto De Santiago de Compostela. AEROPUERTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Archivo | Fonte: Europa Press

A Coruña, pola súa banda, creceu un 11,8% en viaxeiros, até os 109.371; e Vigo chegou aos 121.939, o que supón un 8,2% máis que hai un ano. En canto aos voos, Lavacolla tamén experimentou un descenso do 1,8%, até 2.122; mentres que A Coruña creceu un 20,2%, con 1.732 operacións e Vigo aumentou un 4% e operou 1.377 voos en agosto. O transporte de mercadorías, pola súa banda, creceu en Peinador un 55,1% e en Alvedro un 17,4% no oitavo mes do ano, mentres que en Santiago diminuíu un 5,6%.

ACUMULADO ATÉ AGOSTO

Até o mes de agosto, os tres aeroportos galegos rexistraron 3.387.221 usuarios, 142.482 máis que no mesmo período do ano anterior. Isto supón un incremento interanual do 4,4%. A nivel do oitavo mes do ano, o aeroporto de Santiago foi utilizado por 1.832.688 viaxeiros, un 2,9% máis que no mesmo período de 2017. Así mesmo, A Coruña experimentou un incremento do 7,7%, até os 811.162 usuarios e Vigo do 4,7%, até os 743.311.

Temas: AENA AEROPORTOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta