Temas: IPC PREZOS

O IPC en Galicia situouse no dous por cento en agosto

A inflación baixou unha décima en agosto pero sen incluir prezos de produtos enerxéticos ou alimentos non elaborados. Suben os prezos da electricidade e alimentos como a froita.

Por E.P. | VIGO | 12/09/2018 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

A taxa anual do IPC en Galicia situouse en agosto no 2,2 por cento (unha décima menos que en xullo), e é idéntica á taxa interanual media de España, segundo os datos feitos públicos este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE). No informe do INE reflíctese en España a menor subida dos prezos dos carburantes, dos servizos de aloxamento e dos paquetes turísticos respecto ao mesmo mes de 2017 e a baixada do prezo dos automóbiles. En sentido contrario, subiron os prezos da electricidade e as froitas recortaron os seus prezos menos do que o fixeron en agosto do ano pasado.

Consumo, prezo, prezos, IPC, supermercado, alimentos, compras, comprar, froitas
Consumo, prezo, prezos, IPC, supermercado, alimentos, compras, comprar, froitas

No caso de Galicia, os prezos que rexistran maiores subidas no que vai de ano son os de hoteis, cafés e restaurantes (un 4 por cento) e comunicacións (un 3 por cento). No entanto, tendo en conta os datos interanuais, os maiores incrementos de prezos reflíctense no transporte (5,1 por cento) e vivenda (4,8 por cento). Por contra, no que vai de ano, descenderon de forma notable os prezos de vestido e calzado, un 16,9 por cento. No cómputo interanual, apenas se reflicten descensos de prezos, salvo leves caídas en lecer e cultura, e enxoval.

DATOS DE ESPAÑA

A taxa interanual de agosto en España é a vixésimo cuarta taxa positiva que encadea o IPC interanual e implica que os prezos son hoxe uns 2,2% superiores aos de hai un ano. A inflación subxacente, que non inclúe os prezos dos produtos enerxéticos nin dos alimentos non elaborados, baixou unha décima en agosto, até o 0,8%, co que se sitúa case 1,5 puntos por baixo do IPC xeral.

Segundo o INE, entre os grupos que tiveron unha maior influencia negativa na taxa interanual atópanse o transporte, que reduciu sete décimas a súa taxa anual, até o 5,2%, pola menor subida dos prezos dos carburantes respecto de agosto de 2017 e o abaratamento dos automóbiles; o lecer e a cultura, que recortou a súa taxa anual cinco décimas, até o -1,1%, debido a que os prezos dos paquetes turísticos subiron menos que o ano pasado; e hoteis, cafés e restaurantes, que presentaron unha taxa anual do 1,8%, dúas décimas menos que en xullo, xa que os servizos de aloxamento elevaron os seus prezos menos do que o fixeron un ano antes.

Por contra, os grupos que tiveron unha maior repercusión positiva na taxa anual de agosto foron a vivenda e os alimentos: a primeira incrementou sete décimas a súa taxa interanual, até o 4,3%, polo encarecemento da electricidade, mentres que os alimentos elevaron dúas décimas a súa taxa, até o 2%.

Temas: IPC PREZOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta