Por E.P. | A CORUÑA | 12/09/2018 | Actualizada ás 13:51
A xefa do Servizo de Vivenda e Rehabilitación do Concello da Coruña, Natalia Codesal, presentou a súa dimisión despois de que o Consello Consultivo considerase nula a compra de dous do seis pisos adquiridos para aluguer social mediante un concurso convocado polo Consistorio.
Así o informou, en rolda de prensa, o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, quen, preguntado se el tamén pensa dimitir, dixo que o alcalde ten a súa dimisión "nas mans, todos os días".
"El sábeo", recalcou, apuntando que a "responsabilidade" de que o Consello Consultivo tomase esta decisión sobre a compra de dous pisos --adquiridos a un afín da Marea Atlántica, segundo incidiu este mércores a portavoz municipal do PP, Rosa Gallego-- a "erros humanos" no proceso de selección dos pisos.
Con todo, negou inxerencias do goberno local no concurso, aínda que admitiu que se seguiron unhas bases "que se demostraron incorrectas". Agora, o Concello, e en base aos criterios seguidos polo Consello Consultivo --cuxas decisións son vinculantes--, exporá a este organismo se outros tres inmobles, dun total de seis adquiridos, deben ser "obxecto de nulidade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.