A dirección de Sargadelos ameaza con pechar a empresa

As negociacións están rotas. Os traballadores votarán sobre a revogación dunha sindicalista e a dirección avisa que "se non se soluciona o conflito péchase a empresa".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2018 | Actualizada ás 15:45

Comparte esta noticia

As negociacións entre representantes dos traballadores da fábrica de Sargadelos en Cervo (Lugo) e a empresa quedaron "rotas", após un intento de mediación por parte do Consello Galego de Relacións Laborais.

Foto aérea do complexo de Sargadelos en Cervo (Lugo). REMITIDO - Archivo
Foto aérea do complexo de Sargadelos en Cervo (Lugo). REMITIDO - Archivo

Fontes da dirección da empresa apuntan que "se segue coa folla de ruta" que había antes deste intento de mediación, despois de que Sargadelos anunciase a mediados de agosto a intención de despedir a 49 traballadores (22 despedimentos xa foron executados), mentres baralla a posibilidade do peche da planta lucense.

De tal forma, o venres, 14 de setembro, terá lugar unha xornada "chave" para o futuro da planta de Cervo, xa que ese día se celebrará a asemblea de traballadores (15.00 horas) que fora aprazada para votar sobre a revogación dunha sindicalista de UGT, dado que a dirección e esta delegada manteñen un enfrontamento desde hai tempo.

Na tarde do martes produciuse unha reunión durante horas en Santiago após recibir a empresa o pasado luns un escrito da Xunta para chamar á conciliación. Logo diso, na mañá deste mércores "tentouse" unha nova aproximación pero non se chegou a acordo. De tal forma, "non está previsto" que se retomen as negociacións.

Aínda que "é posible" que se siga adiante cos despedimentos até o total de 49, estas mesmas fontes indican que se prospera en votación a revogación desta sindicalista suporía "un voto de confianza" para a actual dirección e avaliaríanse as medidas a seguir. O que deixan claro por parte de Sargadelos é que "se non se soluciona o conficto péchase a empresa".

Por parte de UGT, nos últimos días denunciáronse "coaccións" do administrador único de Sargadelos, Segismundo García, cun "ataque de modo directo e persoal" cara a unha traballadora, ao "condicionar deixar sen efecto os despedimentos" se "se esixe a dimisión" desta sindicalista.

Todo iso, despois de que o Xulgado do Social de Lugo desestimase a petición de UGT de paralizar os despedimentos anunciados por Sargadelos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 comunismo expañol

cando falan as sindicais sube o pan... traballador votar CO.CO$$$ e votar pola extrema dereita expañolenta e votar polo podreiro de pacos frutos, agora vai a manifestacions de cidadans da mao do tamames, da mao de chupadanos, pronto os veremos dando estacazos en patrullas de macarrerio fascistizante de expañol. gastaron millons en salvar o podreiro de valencia pero non esperen un euro os jaleguiños e ti a votar por expañois mareantes... VOTAR POR EXPAÑA E DARLLE UN FUTURO NEGRO A GALAIZA!!!!

1 Gamela

Todo comenzou coa sinatura de créditos imposibles de pagar por Isaac Díaz Pardo... O mesmo que pasou cos cartos que chegaron voando á dirección do falecido Vieiros, e o mesmo que sucedeu cando alguén tirou de talonario para montar o Xornal de Galicia (un tal Jacinto Rey) // E agora SARGADELOS nas mans dun "capitalista en horas baixas" que pretende seguir tirando da marca grazas aos traballadores da factoría O Castro en Sada... E onde están as familias que tanto piaron pola cultura galega vencellada as tendas de Sargadelos na Coruña e Vigo ? Seica tamén levaron os cartos para Andorra ???