Temas: ERIMSA

Os traballadores de Erimsa temen que a empresa marche de Galicia se non recibe o permiso para extraer seixo

O comité de empresa lamenta a "falta de atención da Xunta".

Por Galicia Confidencial | Frades | 13/09/2018 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Erimsa expresa o seu temor a que a compañía decida trasladar a actividade fóra de Galicia, no caso de que a Xunta de Galicia non desbloquee os permisos necesarios para seguir extraendo seixo.

Traballos mineiros de ERIMSA
Traballos mineiros de ERIMSA | Fonte: Adega

De non solucionarse esta parálise, pola que, segundo  manifestou públicamente a compañía, se viu "obrigada en contra da súa vontade a presentar un Expediente de Regulación de Empleo Temporal, que entrará en vigor el 1 de enero de 2019”, os traballadores din "temer que a perda dos postos de traballo sexa irrevogable", co "consecuente prexuizo" para eles e as súas familias.

Os representantes dos traballadores expresan o seu "absoluto desacordo" con esta decisión, adoptada pola dirección, xa que "Erimsa, mais aló do centro de producción de Frades, posúe outras plantas que sí xeneran beneficios", defenden. "Entendemos que se podería ter buscado unha solución menos daniña, que non conlevase a presentación dun ERTE".

"O pasado 2 de agosto, remitimos unha carta á directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e ao director xeral de Industria, Ángel Bernardo Tahoces, na  que lles solicitabamos unha reunión urxente. O propósito da mesma era trasladarlles aos directores a nosa gran preocupación, de forma que puidesen contribuír a poñer fin ao bloqueo e atraso administrativo que pesa sobre as futuras concesións de Erimsa, dado que as actuais están chegando ao punto de esgotamento das reservas", expoñen desde o comité.

Os traballadores din ser "conscientes da extrema gravidade da situación", tras "meses sen  avances". E "confiados en que a Xunta de Galicia tería en conta tanto a precariedade" do seu futuro laboral e a "conveniencia de intervir", lle remitiron un escrito que, aseguran, non recibiu resposta.

"Ata a data, non temos recibido resposta de ningunha das consellerías, o que nos leva a entender que non existe vontade de celebrar reunión solicitada, e que non lograremos nada por dita vía", láianse.

En contraposición poñen o exemplo do Concello de Frades, que por mediación do seu alcalde, Roberto Rey, quen recordou que a maioría dos empregados de Erimsa afectados polo ERTE residen neste concello e na comarca de Ordes.

"Durante trinta anos moitos de nós traballamos nas labores dentro das fincas co máximo respecto ás mesmas, recuperándoas a gusto dos propietarios e sendo sempre felicitados polos mesmos ao remate , polo que non entendemos o rexeitamento a nosa actividade por parte dunha minoría de empresas ou entidades da comarca, que con cuantiosas subvencións dende a Administración Pública, empregan unha parte deses recursos en transladar falsidades á opinión pública para obstaculizar o proceso que garante os nosos empregos", critican.

Os traballadores lembran que os seus postos de traballo son "complementarios" aos que xera a actividad agrícola e gandeira. "A nosa actividade, ao longo dos anos, non  destruíu ningún posto de traballo no rural, na maior parte das ocasións contribuímos a xerar novas terras de cultivo ou a mellorar as condicións dos terreos onde traballamos", defenden.

Tampouco entenden o que ven coma un "boicot" ao seu traballo, xa que "o propio alcalde de Frades confirmou que nunca se rexistrou incidente algún". Exactamente, dicía: “Sabemos que se traballou con grandes e pequenas explotacións gandeiras, en distintos terreos e nunca houbo problemas, sempre houbo un bon trato entre eles e os terreos lles quedaron ben acondicionados aos propietarios unha vez finalizada a actividade extractiva”.

Temas: ERIMSA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta