O PPdeG pasa ao ataque na Coruña pedindo a dimisión de Ferreiro e criticando a Ada Colau

Tellado insta a Ferreiro a que cese aos dous edís ou dimita pola compra de pisos a "un amigo seu e de Colau".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2018 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, instou ao alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, a cesar aos dous concelleiros responsables do proceso de compra de dous pisos, para fins sociais, a un "membro fundador da Marea" na cidade, ou ben a dimitir, despois de que o Consello Consultivo teña considerada nula a adquisición.

Miguel Tellado, secretario xeral del PPdeG. PARTIDO POPULAR DE GALICIA
Miguel Tellado, secretario xeral del PPdeG. PARTIDO POPULAR DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Unha petición que nunca lle fixo a algúns alcaldes do seu partido condenados pola xustiza por irregularidades na concesión de licenzas urbanísticas. "Quedou claro que Xulio Ferreiro pretendía darlle 145.000 euros de todos os coruñeses a un amigo seu e a un amigo da alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, de forma dubidosamente legal", dixo.

Miguel Tellado cargou así contra o rexedor de Marea Atlántica da Coruña, ao que censurou por chegar ao cargo co discurso de que defendía á "xente do común", para, despois, "culpar aos funcionarios" e "escudarse nos funcionarios", en referencia á dimisión este luns da xefa do servizo de Vivenda e Rehabilitación do Concello da Coruña, tras o ditame do Consello Consultivo.

Ante o que cualifica como un novo "episodio" do "escándalo de compra irregular de dous pisos a un membro fundador da Marea Atlántica", Tellado censurou así unha dimisión que atribúe a un intento de "salvarlle a cabeza" aos dous edís vinculados ao proceso e ao propio alcalde.

Nesta liña, o secretario xeral dos populares galegos sostén que os feitos ao redor da compra dos pisos, que se ían destinar a fins sociais, retratan "á perfección cal é o talante de Ferreiro e das Mareas", que "prometían rexeneración política" pero "entréganlle 145.000 euros" a un "membro do seu propio partido", e que anunciaban medidas contra os desafiuzamentos pero "unicamente" "compran seis pisos, nunha compra que declara ilegal e inválida o Consello Consultivo".

Nesta conxuntura, Tellado acusa a Ferreiro de "non estar á altura da cidade" e de "non respectar aos cidadáns" e esíxelle que, "se queda un mínimo de ética e responsabilidade, pida desculpas e cese aos dous concelleiros porque se non os cesa, quen ten que dimitir é el, que é o alcalde". "Ou cesan eses dous concelleiros responsables da tramitación ou o que ten que marchar é Xulio Ferreiro", remarcou, en referencia aos edís de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, e de Contratación, Alberto Lema.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta