Morre unha muller en Melide por unha explosión no seu domicilio

Os bombeiros confirmaron que o obxecto que estalara fora unha pota a presión que estaba ao lume.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2018 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

Foi un familiar da vítima o que deu a voz de alarma pasados uns minutos das 12,00 horas, indicando que recibira unha chamada do seu cuñado informándolle do estalido dunha bombona na vivenda, onde se atopaba soa a muller.

Concello de Melide
Concello de Melide | Fonte: BNG

Até a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Arzúa, Garda Civil, Protección Civil e Policía Local. Debido á gravidade do suceso, mobilizouse ao helicóptero medicalizado do 061, aínda que os seus profesionais só puideron certificar a morte da muller.

Os efectivos dos Bombeiros confirmaron así mesmo que o que estalara era unha pota a presión que estaba ao lume, e que ao rebentar golpeou á muller.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta