Investigan a catro persoas por delito de furtivismo en Laxe

Axentes do grupo Erpol --equipo de resposta policial-- da Policía Autonómica investigan a catro persoas por un suposto delito de furtivismo en Laxe (A Coruña). Os axentes comisaron nese porto da Costa da Morte un total de 47 quilos de centola, a cal se atopaba ovada e capturada ilicitamente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2018 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

Os feitos remóntanse ao pasado mes de abril, cando os Axentes de Gardacostas de Galicia levantaron unha infracción na que consideraban que podía existir un feito constitutivo de ilícito penal.

Marisco intervenido en un operativo contra el furtivismo
Marisco intervenido en un operativo contra el furtivismo

Por mor desta actuación, os axentes da Policía Autonómica comezaron unha investigación na que tamén colabora a Subdirección Xeral de Gardacostas, que se prolongou desde finais do mes de abril até o final da primeira semana do mes de setembro.

Froito destas investigacións levadas a cabo, detectouse que unha persona que, facendo valer a súa condición de compradora autorizada na lonxa de Laxe, e coa "conivencia de pescadores que descargaban a captura obtida" no porto, aproveitaban as vendas realizadas legalmente no depósito para introducir no mercado centolas ovadas, que non poden ser capturadas.

As dilixencias foron tramitadas e déronse traslado ao os xulgados de Carballo (A Coruña), segundo informou a Xunta nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta