Extinguido o incendio en Vilalba e estabilizado o de Vilardevós

No caso vilalbés arderon máis de 31 hectáreas e no concello ourensán 20 hectáreas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2018 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

O incendio forestal iniciado na mañá deste martes na parroquia de Vilapedre, en Vilalba (Lugo), quedou extinguido ás 00,11 horas, tras afectar a 31,91 hectáreas, mentres que continúa pero xa estabilizado o que comezou a pasada tarde en Vilardevós (Ourense).

Incendio
Incendio

Así o informou a Consellería do Medio Rural, que precisou que o incendio da localidade ourensá iniciouse ás 20,31 horas do martes, e logrou estabilizarse ás 5,10 horas da madrugada.

Até o momento, traballaron no lugar 3 axentes, 13 brigadas, 6 motobombas e unha pa, e estímase que afectou a máis de 20 hectáreas de monte raso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta