A Coruña e a Cidade da Cultura acollerán a Mobile Week do 21 ao 28 de novembro

A Mobile World Capital Barcelona celebrará en Galicia o seu primeiro evento fóra de Cataluña. En concreto, será a Mobile Week Coruña e que incluirá 20 espazos diferentes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2018 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

A Mobile World Capital Barcelona celebrará en Galicia o seu primeiro evento fóra de Cataluña. En concreto, será a Mobile Week Coruña, que terá lugar do 21 ao 28 de novembro e que incluirá 20 espazos diferentes que, ademais dos dez distritos da cidade herculina, alcanzarán a súa área metropolitana e mesmo a Cidade da Cultura de Santiago.

Teléfono móbil, móbiles
Teléfono móbil, móbiles

Segundo informou a Xunta nun comunicado, as diferentes actividades do evento consistirán en relatorios, charlas, mesas redondas, demostracións, talleres e xornadas infantís, entre outras, que permitirán abordar os retos, límites e oportunidades da transformación dixital.

Á presentación da Mobile Week Coruña acudiu a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, quen sinalou que o encontro "nace pivotando" na Coruña "pero con vocación de irradiar a toda Galicia a necesidade de reflexionar sobre o impacto da evolución tecnolóxica na sociedade". Á rolda de prensa tamén acudiu o alcalde da cidade herculina, Xulio Ferreiro, pois o evento conta tamén co apoio do Concello, así como da Deputación e do Club Financeiro Atlántico.

CATRO EIXOS DE ACTIVIDADE

A iniciativa divide a súa programación en catro eixos de actividade. O espazo 'mWeek TALKS' configúrase, segundo indica a Xunta, como unha ágora de debate para reflexionar sobre como a revolución dixital inflúe na vida das persoas.

Ademais, 'mWeek LAB' incluirá talleres de cultura, tecnoloxía, robótica e ciencia; 'mWeek KIDS' serán actividades para toda a familia; e, por último, 'mWeek GALLERY' será un programa cultural paralelo organizado en colaboración con institucións e entidades do territorio que derivará en visitas guiadas e exposicións de arte. Así mesmo, a Mobile Week Coruña contará con distintos relatores expertos en innovación, profesionais do ámbito dixital e representantes das universidades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 patético

Hay una puñetera obsesión por llevar actos a una ciudad de la cultura que es un auténtico despilfarro propio de paletos... si tuviéramos un mínimo de dignidad nadie pondría un pie en ese adefesio mental de por vida.... lamentable.