Controlado o incendio en Cualedro que afectou case a 50 hectáreas de monte raso

O lume comezou pasada a medianoite na parroquia de Montes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2018 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou que o lume forestal activo no municipio ourensán de Cualedro está controlado, tras afectar a unha superficie próxima ás 50 hectáreas de monte raso.

Veciños participando nas labores de extinción do incendio de Cualedro
Veciños participando nas labores de extinción do incendio de Cualedro | Fonte: Óscar Pinal

O lume, segundo a información proporcionada pola Consellería, iniciouse pasada a medianoite na parroquia de Montes. Para extinguir o incendio mobilizáronse 4 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembrou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta en twitter:@incendios085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta