Gonzalo Caballero esixe que Feijóo rectifique as súas declaracións sobre O Marisquiño

O secretario xeral do PSdeG carga contra Feijóo por facer "electoralismo" cun accidente nunha cidade na que o PP "é unha forza marxinal".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2018 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, a rectificar as súas declaracións sobre o accidente do festival O Marisquiño, rexistrado en Vigo a comezos do pasado mes de agosto e que será investigado nunha comisión do Parlamento de Galicia.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

"Son declaracións que faltan á verdade e ao respecto da cidadanía porque está a enganar e facendo electoralismo alá onde o PP se está convertendo nunha forza marxinal", asegurou este venres Caballero a preguntas dos xornalistas durante unha rolda de prensa após unha reunión mantida con presidentes federais do partido e na que tamén participou a presidenta do PSOE, Cristina Narbona.

Así, Caballero ha replicado a Feijóo que "se pechou o tempo no que marcaba a axenda política en Galicia e no que decidía o que era lamentable e o positivo", en referencia ás palabras do mandatario autonómico do pasado xoves nas que tachou de "lamentable" a actitude do alcalde vigués, Abel Caballero.

"Non imos caer na trampa de facerlle o xogo ao PP e a Feijóo, que teñen como única finalidade manter o control político en Galicia", engadiu, para logo cargar de novo contra o presidente autonómico por "xogar cun tema grave" como o accidente de O Marisquiño que, para Caballero, o PP quere usar como "salvador electoral" nun municipio no que se está convertendo nunha forza "marxinal".

COMISIÓN DE SANIDADE

Así mesmo, o líder dos socialistas galegos cre necesario que Feijóo compareza na comisión do Parlamento que investigará os recortes en Sanidade para explicar por que "precarizou" o sistema sanitario galego.

Con todo, Caballero opina que, máis aló de dar explicacións, o que debe facer o xefe do Executivo galego é "cambiar a súa política sanitaria".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Díxolle o sobriño ao tío... https://youtu.be/Es5W7UGpT8U?t=13s Sempre podemos falar do que verdadeiramente importa... https://www.flickr.com/groups/vigod...