Navantia verte 50 litros de gasóleo ao mar no estaleiro de Ferrol

O estaleiro sufriu este venres un "derrame accidental" durante as tarefas de saída dun novo buque.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2018 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

¡Segundo informaron fontes da compañía pública, a vertedura produciuse durante as tarefas preparatorias para a saída, a semana próxima, do buque de acción marítima (BAM) para realizar as probas de navegación.

Navantia Ferrol. NAVANTIA
Navantia Ferrol. NAVANTIA

As mesmas fontes concretaron que, de forma inmediata despois do incidente, activáronse os protocolos habituais, con despregamento de barreiras anticontaminación e iniciouse a tarefa de retirada do gasóleo.

Do mesmo xeito, deuse aviso á Autoridade Portuaria e iniciouse unha investigación para aclarar as circunstancias nas que se produciu a vertedura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta