'Young Business Talents', o programa que busca aos mozos galegos máis emprendedores

O programa educativo de simulación empresarial 'Young Business Talents', organizado por Abanca e ESIC, abriu o proceso de inscrición para participar na súa oitava edición, un 'Business Game' que busca aos mellores empresarios virtuais de España.

Por GC Emprende | Vigo | 24/09/2018 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O obxectivo deste proxecto é "enriquecer a actividade didáctica introducindo a práctica nas aulas a través do uso de simuladores de xestión empresarial" desenvolvidos por Praxis MMT e cedidos de forma gratuíta aos centros educativos.

Emprendedores nunha xuntanza de SPIN
Emprendedores nunha xuntanza de SPIN | Fonte: spin2016.org

Así, estudantes de 4º da ESO, Bacharelato ou dos ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional de calquera centro docente español, con idades comprendidas entre os 15 e 21 anos, poderán inscribirse até o 31 de outubro para participar no VIII Young Business Talents.

Entre os mellores equipos repartiranse máis de 14.000 euros en premios, así como diplomas acreditativos para aqueles que superen a fase online. Durante a pasada edición participaron un total de 1.393 estudantes de 52 centros docentes de Galicia, para competir polo título de 'Mellores empresarios virtuais do país'.

As provincias galegas con maior participación foron Pontevedra, con 645 alumnos e A Coruña, con 456 estudantes. No ámbito nacional, 10.461 estudantes de 438 centros académicos de toda España sumáronse a esta iniciativa. Finalmente, foron os alumnos do equipo Vigonomics do IES San Tomé de Freixeiro de Pontevedra os que conseguiron o primeiro posto.

Esta competición para atopar aos mellores emprendedores dará comezo no mes de novembro, cando coa axuda dun profesor, os mozos terán que competir primeiro desde as aulas, en diferentes fases online. Os mellores 100 equipos chegarán á fase final, que será presencial durante o mes de abril de 2019 en Madrid.

Para conseguir o título, terán que facer o mesmo que os responsables das empresas, como é "analizar, planificar e controlar, até tomar as mellores decisións para que a súa compañía se converta na máis próspera do mercado virtual". Como novidade este ano, os estudantes utilizarán un novo simulador e terán que dirixir a súa propia empresa en Internet, que será unha compañía fabricante de produtos lácteos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta