Extinguido o incendio forestal da Fonsagrada, tras calcinar preto de 25 hectáreas

Nas tarefas de extinción, participaron 1 técnico, 8 axentes, 38 brigadas, 13 motobombas, 3 pas e 10 helicópteros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2018 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

O incendio forestal que afectaba á localidade lucense da Fonsagrada desde o domingo quedou finalmente extinguido na noite deste luns, ás 21,09 horas, tras afectar a unha superficie de 25 hectáreas, 24 delas de monte raso e unha de arboledo.

Incendio na Fonsagrada
Incendio na Fonsagrada | Fonte: Batallón t-15

Así o informaron fontes da Consellería do Medio Rural. O incendio iniciouse o sábado ás 08,07 horas na parroquia de Bruicedo. Nas tarefas de extinción, participaron 1 técnico, 8 axentes, 38 brigadas, 13 motobombas, 3 pas e 10 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembrou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta