Ferido grave un traballador ao que lle quedou atrapado un brazo nunha máquina en Valga

Tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2018 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

Un traballador tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado ao hospital despois de resultar ferido ao quedarlle un brazo atrapado nunha máquina dunha empresa situada na parroquia de Campaña, en Valga (Pontevedra).

Helicóptero medicalizado
Helicóptero medicalizado | Fonte: EP

O servizo de emerxencias do 112 Galicia precisou que tivo constancia do accidente pasadas as nove e media da mañá, a través do 061, que informou que na empresa para a que o operario traballa se lle quedara un brazo atrapado nunha máquina.

Indicaban que, aínda que o home xa fora liberado, debido á gravidade das lesións, o helicóptero medicalizado con base en Santiago desprazouse até o lugar para evacuar ao ferido.

Deste xeito, desde o 112 Galicia solicitaron enseguida a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos membros do GES e de Protección Civil de Valga. A aeronave trasladou ao ferido até o centro hospitalario de referencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta