Os poemas de Rosalía que deixaron pegada en Mugardos

Este sábado haberá unha homenaxe á poeta galega que recolleu nunha das súas composicións a sona dunha festa local do século XIX.

Por Galicia Confidencial | Mugardos | 26/09/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia
“Si a vernos Marica, nantronte viñeras,

Imaxe de Rosalía
Imaxe de Rosalía
á festa do Seixo, na beira do mar

ti rirás Marica, cal nunca te riches

debaixo dos pinos do verde pinar.”

Rosalía de Castro é universal. Tan universal que ata os seus poemas son motivo de celebracción. Así é que Mugardos renderá unha homenaxe á figura e a obra de Rosalía de Castro, arredor do poema que a escritora de Padrón lle dedicou á festa do Seixo  deste concello. 

Durante os actos de homenaxe, o Concello de Mugardos descubrirá  unha placa cos versos incluidos no libro “Cantares Gallegos”. A placa colocaráse nunha vivenda da avenida do Seixo que albergou moitos anos o local da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega e está onde se celebrou a festa do Seixo ata 1870.

A homenaxe a Rosalía de Castro principiará  no Seixo en Mugardos co descubrimento da placa o sábado 29 de setembro ás oito e media da tarde. Continuará cunha cea cun "menú rosaliano" integrados por pratos que describe a escritora de Padrón nas súas poesías.

Rosalía adicoulle un dos seus poemas á festa do Seixo, romería que gozou de notable sona durante boa parte do século XIX. A cea realizase a beneficio do proxecto "Rosalia de Castro e a fábrica das mulleres" unha iniciativa que pretende reivindicar a obra da autora de "Cantares Gallegos" e divulgar tamén a súa relación con Mugardos. 

O grupo de teatro "Teruca Bouza" da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega está xa a ensaiar a obra "Rosalía no Seixo" e prepara a súa estrea para finais de novembro. No acto do sábado 29 representará un fragmento da mesma. Ten confirmada tamén a presencia o presidente da Fundación Rosalia de Castro Anxo Angueira. Máis información en hsanfiz@gmail.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta