A principal hipótese da morte da desaparecida de Monterrei apunta a un accidente fortuíto

O corpo foi atopado sen vida este mércores 26 nun alpendre a 20 metros da súa residencia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2018 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Os médicos forenses do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) están a practicar este xoves a autopsia da muller desaparecida o pasado martes 25 de setembro en Monterrei (Ourense), cuxo corpo foi atopado sen vida este mércores 26 nun alpendre a 20 metros da súa residencia.

Sara Silva Alonso, desaparecida en Monterrei.. SOS DESAPARECIDOS.ES
Sara Silva Alonso, desaparecida en Monterrei.. SOS DESAPARECIDOS.ES | Fonte: Europa Press

Polo momento, a Garda Civil mantense á espera de coñecer os resultados da autopsia, a pesar de que todo apunta a un accidente fortuíto, xa que "nunha primeira inspección non se observaron signos de violencia" externa. "Hai que esperar até que acaben os investigadores" para pescudar as causas da morte, sinalaron fontes deste corpo de seguridade.

O cadáver de Sara Silva Alonso foi atopado este mércores 26 de setembro no dispositivo de procura activado tras da súa desaparición, ás 18,00 horas da tarde do martes 25, por parte da Garda Civil e dun veciño do pobo.

Segundo informou a Subdelegación do Goberno en Ourense, o corpo foi atopado "no interior do alpendre próximo á vivenda" e, seguidamente, a autoridade xudicial "ordenou o levantamento do cadáver e o traslado ao CHUO para facer a autopsia".

Respecto diso, as mesmas fontes indicaron que "de momento non hai máis datos", aínda que, "a priori, carece de signos de violencia" externa. Tamén se manteñen á espera de coñecer os resultados da autopsia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta