Os exconselleiros Mato e Rey Varela manterán a súa acta no Parlamento

Alfonso Rueda, Rosa Quintana e Francisco Conde compaxinan Parlamento de Galicia e Xunta, José González, novo conselleiro de Medio Rural, aínda non decidiu se deixa o grupo parlamentario para atender só á Consellería.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2018 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

Román Rodríguez toma posesión como conselleiro de Cultura. XUNTA
Román Rodríguez toma posesión como conselleiro de Cultura. XUNTA

Coa saída de Mato e Rey Varela, á espera de que se confirme o paso que dá González, quedarían tres conselleiros que compaxinan Parlamento e Xunta: o vicepresidente do Goberno galego e líder do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda; a titular de Mar, Rosa Quintana; e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

No seu día, o argumento que deu o PPdeG para manter a Rueda, Quintana e Beatriz Mato con acta de deputados e asento no Consello da Xunta foi a súa experiencia no Executivo autonómico --eran o tres conselleiros que seguían con Feijóo desde 2009--. Tamén de Conde aludiuse á experiencia e á proximidade con Feijóo, mentres que, de Rey Varela, esgrimiuse o seu peso como presidente local do PP de Ferrol.

Tras a súa última remodelación de Goberno, o dos Peares non deu pé a pistas sucesorias, xa que non se produciu ningún cambio de calado político e Rueda, a súa man dereita na Xunta, mantén o seu status como vicepresidente único.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta