O PSdeG asegura que o Goberno traballa para facer público o Pazo de Meirás

Denuncia un ataque da dereita ao Goberno "por terra, mar e aire".

Por E.P. | SANTIAGO | 28/09/2018 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou este venres que o Goberno está a traballar en "informes xurídicos potentes e sólidos" para facer público o Pazo de Meirás. En declaracións ao termo da súa reunión co secretario xeral para a Memoria Histórica, Fernando Martínez López, no Ministerio de Xustiza, Caballero indicou que, dende o Executivo, están a estudar "como devolver" o complexo --propiedade da familia Franco-- "aos galegos e españois".

Secretario xeral de PSdeG, Gonzalo Caballero.. XUNTA DE GALICIA
Secretario xeral de PSdeG, Gonzalo Caballero.. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

"O Goberno está a tomar todas as medidas para que se fagan os informes xurídicos máis potentes e máis sólidos para estudar como devolver o Pazo de Meirás á cidadanía", explicou Caballero, quen, ao ser preguntado polo prazos que manexa o Executivo, sinalou que é máis importante "facelo con solvencia e con rigor".

O GOBERNO É "UN EXEMPLO EN MEMORIA HISTÓRICA"

Ademais, sinalou que cre que "hai que tomar decisións con seriedade", e que, ao seu xuízo, este Executivo está a tomalas baixo esta mirada. "O Goberno ten a vontade e Pedro Sánchez non vai deixar de facer algo que poida facer, dentro do marco legal", engadiu o socialista.

Neste contexto, Caballero indicou que o Executivo está a asumir o estudo de "todas as posibilidades para liquidar aqueles elementos que están distorsionando a realidade da memoria histórica", como é facer público o Pazo de Meirás ou sacar os restos do ditador Francisco Franco do Val dos Caídos. Na súa opinión, este Goberno "é un exemplo" e "unha referencia" en cuestións de memoria histórica. De feito, Caballero quixo pór en valor os primeiros 100 días de Sánchez na Moncloa. 

"HAI UNHA CAMPAÑA DE ACOSO AO PSOE"

Así mesmo, indicou que "hai unha campaña de acoso por parte da dereita ao PSOE" e que se ve reflectida nas posturas á aplicación da Lei de Memoria Histórica. "A dereita está a atacar ao Goberno por todos os medios existentes: por terra, mar e aire", asegurou.

Por este motivo, apuntou que "hai que ter" un Executivo que estea "comprometido" coa cidadanía, "para non caer en debates estériles". "O único que fan (estas confrontacións) é desvirtuar o compromiso de todos aqueles que, desde a esquerda, queremos recuperar a memoria histórica e a dignidade das vítimas", argumentou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta