Detido en Xinzo por golpear cunha pa na cabeza a dous veciños

A un deles causulle unha ferida na cabeza que precisou de 10 grapas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2018 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo no municipio ourensán de Xinzo de Limia a un home acusado de golpear cunha pa na cabeza a un veciño e ao irmán deste.

Garda Civil
Garda Civil

Segundo a información dos axentes, o home, M.P.P., e 58 anos, foi detido a última hora do sábado día 29, na parroquia de Soutelo, acusado dun delito de lesións graves.

En concreto, está acusado de golpear cunha pa na cabeza a un dos seus veciños, de 65 anos, ao que causou un corte polo cal necesitou asistencia sanitaria e a colocación de 10 grapas. Do mesmo xeito, supostamente golpeou tamén a un irmán da vítima, de 57 anos, ao que causou feridas leves.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta