Coñece o patrimonio natural de Galicia e o norte de Portugal

GC realizará un concurso para que os seus lectores coñezan as belezas paisaxísticas da Eurorrexión. O gañador disfrutará dunha fin de semena nunha casa de turismo rural.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/10/2018 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

O vindeiro sábado, 6 de outubro, chega aos quioscos galegos a nova guía turística do Eixo Atlántico. Baixo o título Patrimonio natural, paraíso terreal, esta publicación plasma a difícil tarefa de recompilar nun só libro de pequeno formato a riqueza natural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Portada da guía sobre os espazos naturais da Eurorrexión
Portada da guía sobre os espazos naturais da Eurorrexión

En concreto, na Eurorrexión enuméranse dous Parques Nacionais, seis Reservas da Biosfera, 10 Parques Naturais, e máis dun centenar de lugares protexidos para preservar a súa paisaxe, a súa fauna ou a súa flora.

Por iso, no libro pódense atopar os principais espazos naturais clasificados segundo o seu recoñemento oficial (parque nacional, reserva da biosfera, parque natural...) e agrupados segundo a súa localización xeográfica: provincia de Lugo, provincia de Ourense, Eurocidade Chaves-Verín, Trás-Os-Montes e Alto Douro, Área Metropolitana do Porto, Minho, Provincia de Pontevedra, Provincia da Coruña e un apartado especial para o Camiño de Santiago, o camiño natural da Eurorrexión. 

SORTEO E CONCURSO

Esta acción de difusión e posta en valor do patrimonio natural da Eurorrexión compleméntase con sorteos de estancias de fin de semana en diferentes espazos de interese de Galicia e o Norte de Portugal, grazas á colaboración das entidades asociadas no Eixo Atlántico. 

Por iso, Galicia Confidencial articulará nos vindeiros días un concurso nas súas redes sociais. O obxectivo é que os lectores respondan a unha serie de preguntas sobre o patrimonio cultural de Galicia e do Norte de Portugal. Os que respondan afirmativamente a todas as cuestións entrarán no concurso dunha fin de semana en CASA ROMUALDO, en Taboada.

Non é a primeira vez que o GC organiza concurso semellantes. En 2016 o lector Manuel Seijo resultou gañador do concurso sobre a historia da Gallaecia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta