Controlado un incendio en Ortigueira que afecta a 25 hectáreas

O incencio comezou ás 20:00 do martes 2 de outubro e foi controlado ás 03:30 da madrugada do mércores 3 de outubro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2018 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

Un incendio forestal foi controlado no Concello coruñés de Ortigueira, na parroquia de Devesos. Segundo as últimas estimacións alcanzou as 25 hectáreas. Delas, 23 foron de monte raso e dúas de arborado.

Inicio dun incendio forestal
Inicio dun incendio forestal

Así o informou a Consellería do Medio Rural nun comunicado no que precisou que o incendio comezou ás 20,01 horas da tarde do martes 2 de outubro, e foi controlado ás 3,30 horas do mércores 3. Para a súa extinción mobilizáronse tres axentes, 13 brigadas, 11 motobombas e unha pa.

Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de Twitter: @incendios085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta