Agora Galiza critica a BNG e En Marea por "lavar a cara do fascismo" na presentación do cadro de Castelao

"A presença dos portavozes no parlamentinho autonómico do BNG e da Marea, acompanhando Feijó na apresentaçom do quadro "A derradeira leiçom do mestre", é umha ignomínia que desonra e humilha o seu caráter de emblema antifascista", di esta formación independentista.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/10/2018 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia

Agora Galiza criticou duramente a BNG e En Marea por acudir ao acto que tivo lugar na Cidade de Cultura e no que se escenificou a entrega do famoso cadro de Catelao "A derradeira leiçom do mestre". Un acto polémico porque o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, evitou aludir ao contido e o sentido do propio cadro; a violencia do fascismo durante a Guerra Civil. "Laváronlle a cara ao fascismo", apuntou.

A obra de Castelao 'A derradeira leición do mestre', que custodia o Centro Galicia
A obra de Castelao 'A derradeira leición do mestre', que custodia o Centro Galicia | Fonte: xunta.gal

"Se em 1984 a esquerda nacionalista nom aderiu à farsa do traslado dos restos de Castelao de Buenos Aires a Galiza contra a sua vontade, hoje a resposta tinha que ter sido similar. Porém, hoje, na Cidade da Cultura de Compostela, ambas forças optárom por reforçar a "normalidade institucional" que fortalece o regime de 78", apuntou este partido nun comunicado.

Precisamente, Agora Galiza criticou duramente que un acto de "absoluta neutralidade" no que non se falou, precisamente, da esencia do cadro e o sentido que Castelao lle quixo dar cando o pintou. "É umha ignomínia com Castelao e com a resistência antifascista galega e universal, permitir que um dos partidos herdeiros da brutal repressom que a partir do verao de 1936 sementou o país de cadáveres, apresente no monte Gaiás com absoluta naturalidade umha obra de denúncia da barbárie franquista", sinalou.

Por iso, acusou a Feijóo e ao PP de "esvaziar Castelao" con este acto e coa representación dunha obra que debería ser un "alegato antifascista, galego e universal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 frijoles MANIPULACION

nun país europeo normal o que fixo frijoles non soamente seria obxeto de reprobación social, sinon que a xustiza estaría procendendo... aquí na GALIZA houbo un HOLOCAUSTO GALEGO, con mais de 6.000 fusilados o dobre do que fixo por exemplo Pinochet en chile cunhas 5 veces mais poboación, para que vexan o que pasou, ademáis houbo deceas de milleiros de galegos no presidio torturados e apalizados incluso en campos de concentración, violación e rapa de mulleres, incautacions de bens de partidos nacionalistas e sindicatos, queima de libros (incluso a un-ha enciclopedia da carne foi queimada, non era mais cun tratado de gastronomía), houbo roubos, houbo ameazas, houbo terror xeneralizado... e o frijoles fixo burla, os outros deixaronse atrapar, por inxenuos e tontos, pero protestaron seica ata ten protestado o pe$oe... un-ha vergonza mais ... agora que ninguen manipule a realidade e tente levar auga o seu muiño...