Temas: CRTVG ACOSO

A CRTVG, aberta a traballar co director denunciado por acoso a unha actriz, tras o arquivo da denuncia

O ente público "deixa sen efecto" a decisión "cautelar" de non traballar con esta persoa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2018 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

A CRTVG informou este mércores que "deixa sen efecto" a decisión "cautelar" de non traballar co director denunciado por acoso sexual pola actriz Iria Pinheiro despois de que o xulgado arquivase a denuncia e se pronunciase de "forma favorable" a el.

Sede da CRTVG en San Marcos
Sede da CRTVG en San Marcos | Fonte: CRTVG.

A pesar de que entre o director e a CRTVG "non existía relación contractual algunha", segundo o ente, tras ter noticia da denuncia por parte da actriz, a entidade decidiu que "preventivamente" non traballaría en ningunha produción xunto co director mentres "non se aclarasen os feitos".

O xulgado do Social número 3 de Santiago decidiu a pasada semana desestimar a denuncia da actriz Iria Pinheiro contra o director do programa 'Con amor e compañía', J.L.V.O., ao constatar que non existiu no tempo que ela traballou neste espazo "ningún indicio" de acoso sexual nin trato de índole "vexatoria".

Tras constatar que esta sentenza "é favorable en todos os termos ao director" do programa, a CRTVG informou de que "procede deixar sen efecto e de forma inmediata as medidas cautelares adoptadas" en marzo.

"Ditas medidas cautelares foron tomadas e expresadas no seu día con respecto á presunción de inocencia, mentres a causa estaba a ser xulgada". "A CRTVG estima que, en debido respecto ás decisións xudiciais, esas medidas deben de ser revogadas na súa totalidade", finaliza.

Temas: CRTVG ACOSO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta