Queres contar historias sobre a auga?

Chega o V Certame Literario “Relatos de auga intelixente”, organizado por Viaqua.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/10/2018 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

Chega o V Certame Literario “Relatos de auga intelixente”. O obxectivo deste concurso literario é a difusión da cultura da auga e implicar aos mozos no uso sostible deste recurso escaso e o coidado do medio ambiente a través da literatura. Está dirixido a alumnos e alumnas de entre 12 e 17 anos, que cursen estudos de ESO ou Bacharelato/FP situados en centros educativos nos que  Viaqua presta o servizo de xestión da auga. 

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense)
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense) | Fonte: EP.

O certame, desenvolverase durante o último trimestre do ano, sendo o 31 de decembro a data límite de recepción de  microrrelatos. Como novidades desta edición cambia a temática, centrándose na importancia da auga como recurso escaso e imprescindible para vivir

A finalidade deste premio é, a través dun relato non superior a 200 palabras, concienciar sobre os problemas sociais, económicos e ambientais derivados dunha mala xestión deste recurso, así como as medidas de aforro e eficiencia que se poden empregar nas cidades e no noso día a día, para conseguir vivir nun mundo máis sostible.

Así mesmo concederase un accésit ao relato co formato máis orixinal e un premio ao centro escolar que maior participación de alumnos rexistre. Máis información en Viaqua.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta