Calviño avanza uns PGE con "axuste estrutural", pero con políticas sociais "para atallar a desigualdade"

Defende crear "un marco" laboral que favoreza a contratación indefinida e "analizar" como subir as pensións no futuro

Por E.P. | A CORUÑA | 08/10/2018 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

A ministra de Economía e Empresa, Nadia Calviño, avanzou este luns que os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para 2019 que ultima o Goberno conxugarán "a estabilidade orzamentaria, a redución do déficit público e o axuste estrutural con políticas sociais que consigan atallar o gran problema da desigualdade".

Nadia Calviño
Nadia Calviño | Fonte: PSOE

Fíxoo, en declaracións aos xornalistas, despois de pronunciar unha conferencia na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña (UDC) no marco tamén dunha rolda de encontros institucionais na cidade herculina.

Á saída do acto celebrado na UDC e preguntada se os PGE incluirán o anuncio do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de igualar o permiso de maternidade e paternidade, sinalou que "por suposto, terán que reflectir as prioridades políticas".

Mentres, cuestionada por unha posible reforma laboral, defendeu a necesidade de establecer "un marco que favoreza a contratación indefinida e a estabilidade no emprego" lembrando que un dos desequilibrios "máis importantes" na economía española vén dado pola "precariedade laboral".

"Creouse emprego, pero houbo unha altísima rotación dos contratos, un abuso ou uso excesivo da contratacion temporal ou parcial, por iso é moi importante que tentemos establecer un marco que favoreza a contratacion indefenida e a estabilidade no emprego", expuxo a este respecto.

Antes, na súa conferencia, cualificou de "desexable" que as pensións suban conforme ao IPC "como mínimo". Así, dixo que o Goberno "está determinado" en aplicar unha subida das mesmas de acordo ao IPC, aínda que, de cara ás pensións do futuro, reiterou que haberá que "analizar" outros parámetros como o problema demográfico.

"DESEQUILIBRIOS" DA ECONOMÍA ESPAÑOLA

En charla-coloquio, ofrecida na UDC, baixo o título 'Resiliencia da economía española nunha contorna de desaceleración global', a ministra abordou os "retos" aos que se enfronta a economía española. "Algúns elementos do noso crecemento son máis robustos, pero hai algúns desequilibrios non resoltos", admitiu.

Entre eles, apuntou á "alta taxa de desemprego e a precariedade laboral", ao que sumou o problema da produtividade ou a débeda pública existente. Sobre esta última, cuestionou a reforma fiscal de 2015 do PP, "que supuxo detraer recursos públicos das arcas públicas".

Mentres, no ámbito da produtividade, admitiu que non hai "unha varita máxica" para resolver esta cuestión. Con todo, avogou por "facer reformas" para sentar as bases dun crecemento baseado na sustentabilidade social. "Sen sustentabilidade social, non pode haber sustentabilidade económica a medio e longo prazo", recalcou.

REDUCIR O DÉFICIT PÚBLICO

Na súa intervención, reiterou, ademais, a nececidade de reducir o déficit público mediante un axuste estrutural "razoable" e adoptando medidas sociais "para que o crecemento chegue a todos".

Preguntada pola política do Goberno a este respecto, insistiu en que "non é sustentable pensar que o déficit público vaise a corrixir surfeando sobre a coyunturua económica". "Por iso hai que tomar medidas de axuste estrutural", afirmou en alusión a medidas como "o aumento do IPRF para as rendas máis altas" e o incremento do Imposto de Sociedades para grandes corporacións.

"Hai que adaptar o noso sistema fiscal á realidade do século XXI", insistiu a ministra tanto en declaracións aos xornalistas como na súa conferencia. Nela, e sobre o Imposto de Sociedades, admitiu que "o desexable" sería un marco "harmonizado" na Unión Europea.

Non entanto, dixo que, mentres isto non sexa así, "hai que facer o sistema máis xusto, que as grandes corporacións paguen máis impostos". "E niso estamos e en que a reforma non supoña incentivos para a deslocalización".

No caso do IPRF, considerou que non é "razoable" expor rebaixas fiscais "que leven a caídas na recadación impositiva". "Non cremos en recortar o gasto, queremos conseguir un sistema de ingresos máis sustentable a medio prazo", expuxo rexeitando recortes do gasto en Sanidade ou Educación.

Por outra banda, e a preguntas dos asistentes sobre as posibilidades de emprego para as novas xeracións, cualificou de "inaceptable" resignarse ante a actual taxa de desemprego. Para abordar esta cuestión, avogou por investir no capital humano e en produtividade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta