Declaran extinguido o incendio de Muíños logo de queimar case vinte hectáreas

A superficie afectada era monte raso segundo informou Medio Rural. O incendio de Mondariz está baixo control e estimanse 150 hectáreas afectadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2018 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

O incendio que afectaba á parroquia de Requiás, no Concello de Muíños (Ourense), quedou extinguido após calcinar 19 hectáreas de monte raso, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

Incendio declarado na parroquia de Langueirón, en Ponteceso. EUROPA PRESS - Archivo
Incendio declarado na parroquia de Langueirón, en Ponteceso. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

A Xunta, a través da súa conta de Twitter '@incendios085', informou da extinción do lume ao fío das 21,00 horas deste luns.

Polo momento, continúa baixo control o incendio que desde o domingo afecta o municipio de Mondariz (Pontevedra) e que obrigou a evacuar a medio centenar de veciños pola proximidade das chamas ás casas. As últimas estimacións cifran en 150 as hectáreas afectadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta