Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2018 | Actualizada ás 10:52
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que este mesmo mércores o Consello aprobará o teito de gasto para 2019 e que a próxima semana, no prazo que prevé a lei, enviará o proxecto de orzamentos autonómicos para o ano que vén. Contrapuxo esta situación coa "debilidade" do Goberno central.
Avanzouno na primeira media hora do seu discurso no debate de política xeral, o segundo desta lexislatura, no que comprometeu "autogoberno" para que Galicia estea "protexida" fronte ao contexto estatal, que vive unha "parálise".
O mandatario autonómico advertiu contra o "empeño" de "saciar as ansias dos independentismos" ou cumprir as "ordes dos populismos". "Ten consecuencias, para España e para Galicia", incidiu Feijóo, quen apuntou que o "máis evidente é non poder contar cos orzamentos de 2019".
"Empregaremos todos os recursos para que Galicia estea protexida o máximo posible", remarcou Feijóo, quen comprometeu para a Comunidade galega "orzamentos, menos débeda e menos impostos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.