A Xunta permitirá máis dunha Risga por domicilio e incrementará as axudas para coidadores

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Xunta aprobará un decreto para permitir que nun domicilio se poida cobrar máis dunha Renda de Inclusión (Risga) en determinados casos e permitir compatibilizar o cobro dunha prestación social cun salario.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2018 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Xunta aprobará un decreto para permitir que nun domicilio se poida cobrar máis dunha Renda de Inclusión (Risga) en determinados casos e permitir compatibilizar o cobro dunha prestación social cun salario.

É unha das medidas no ámbito social, que estará acompañada doutras como o coidado dos maiores na súa contorna familiar. Neste sentido, a partir de 2019 incrementaranse as axudas para coidador ou asistente persoal entre un 10 e un 15 por cento.

Feijóo garantiu tamén a construción de sete residencias nas grandes cidades e anunciou a "ampliación" do bono autonomía en residencias, para que chegue "ao 100 por cen dos solicitantes", cun incremento de entre o 20 e o 75 por cento. Entre outras cuestións, tamén avanzou unha estratexia galega de cronicidade ou un plan de hospitalización a domicilio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta