Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2018 | Actualizada ás 11:55
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que unha lei de impulso demográfico para 2019 e reforzaranse outras axudas, como a ampliación do bono coidado, para contribuír ao crecemento da poboación.
"Ninguén vai ter fillos porque o diga o seu goberno, pero o que si podemos e debemos é achegar as máximas facilidades ás mulleres e homes que toman esta importante decisión", manifestou Feijóo, quen tamén se comprometeu a iniciar unha campaña de "concienciación ás empresas para que adopten uns horarios máis racionais e flexibles, que permitan ás familias galegas ter máis tempo para estar xuntas".
Ao tempo, e tras asegurar que estarán "atentos" ao debate do fuso horario, indicou que Galicia "abrirá o debate non só político, senón tamén social, sobre os usos --costumes-- horarios". "Sobre a necesaria conciliación da vida persoal, laboral e familiar", engadiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.