Bescansa rodéase de mulleres na súa candidatura para liderar Podemos Galicia

O deputado de En Comú Podem Raimundo Viejo, no posto número 11, é o primeiro home da lista.

Por E.P. | Compostela | 10/10/2018 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Os dez primeiros postos da lista ao Consello Cidadán Autonómico (CCA) da candidatura de Carolina Bescansa para liderar Podemos Galicia están ocupados por mulleres, entre elas, a secretaria de Organización saínte, Natalia Prieto, e a deputada de En Marea Julia Torregrosa.

Carolina Bescansa presenta ao seu equipo en Santiago
Carolina Bescansa presenta ao seu equipo en Santiago | Fonte: Europa Press

A lista, á que tivo acceso Europa Press, péchaa Carmen Santos, secretaria xeral do partido morado desde 2016 que xustificou a súa decisión de non optar á reelección para "centrarse no seu labor parlamentario" dentro do Grupo de En Marea, no que desempeña o cargo de viceportavoz.

A socióloga e cofundadora de Podemos Carolina Bescansa medirase nas primarias (que conclúe o 25 de outubro) ao deputado de En Marea no Congreso Antón Gómez-Reino. A falta de confirmación oficial, ambas as candidaturas dan por feito que serán as únicas en concorrer ao proceso, xa que o prazo para rexistrar listas e documentos concluíu na medianoite do mércores.

Así, dez mulleres copan os primeiros postos da lista de Bescansa, que leva por nome 'FuturoParaGalicia'. O primeiro posto da candidatura ao CCA ocúpao a secretaria de Organización saínte, Natalia Prieto, que asumiu o cargo após a renuncia presentada por Juan Merlo logo de coñecerse que mentira no seu currículo, feito polo cal tamén dimitiu como deputado de En Marea no Parlamento de Galicia.

Despois dela figuran, no número dous, Paula de Santiago (secretaria xeral de Podemos Sarria) e a profesora ourensá Paula Manzano. Séguenlles a deputada de En Marea Julia Torregrosa, a responsable de feminismos na Executiva saínte María Antonia Trillo, a tenente de alcalde no Concello de Ames, Gemma Otero; e Marlene Pérez, secretaria de acción institucional coa dirección de Carmen Santos.

A ferrolá Begoña Hermida ocupa o número nove da lista e Ana Abella pecha o dez primeiros postos da candidatura ao CCA. No número once figura o primeiro home, o politólogo vigués Raimundo Viejo, deputado por Barcelona de En Comú-Podem e que anunciou a pasada semana que se sumaba ao proxecto de Bescansa.

PRIMEIRO HOME, NO POSTO 11

O exconcelleiro na Cidade Condal foi un dos artífices da candidatura Barcelona En Comú, coa que Ada Colau se converteu en alcaldesa da capital catalá en 2015. Ese mesmo ano abandonou o posto para presentarse ás eleccións xerais de finais de 2015, nas que resultou elixido pola provincia de Barcelona, resultado que repetiría medio ano máis tarde nos comicios de xuño de 2016.

O vigués foi un dos asinantes do manifesto 'Mover Ficha', xerme do nacemento de Podemos. Durante o último proceso interno a nivel estatal, Vistalegre II, incorporouse á candidatura de Íñigo Errejón, que resultou derrotada polo proxecto do secretario xeral morado, Pablo Iglesias.

No posto número 12 da lista figura Maika Arias, seguida no 13 por Rogelio Santos, irmán da secretaria xeral saínte, Carmen Santos, que pecha a candidatura no número 34.

Sara Curto, José Manuel Prieto, Olga Dorado, Eduardo Neto, Mar Taboada, Sergio Míguez, Eduardo Ortiz, Manuel Villares, Luís Díaz Allegue, Daniel Liceras, Francesco Bertussi, Enrique Fojo, José Manuel Romaris, Alicia Lorenzo, Manuel Iglesias, Silvia Otero, Rubén Iglesias, Almudena Pequeno, Consolo Rivadulla e Víctor Fernandez completan a candidatura que acompañará a Carolina Bescansa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 a lista do sexualismo

E todo isto non pode un decir que é "feminazismo" anque creo entender que o importante e a clásica política de imaxe para confundir mais e mais... traen xente toda expañolenta, xente que non e traballadora nin sabe o que e traballar, son todos un-ha colección de trepabunda moi grande desde a primeira a descansa o ultimo home da fila... o pastel de primeira comunión que vendedes e do ano pasado e xa esta un pouco descomposto... creo que non vou pasar... que paso! o mellor descansa e reinoso fan un-ha lista única tal e como están impulsando certos seitores do brionato (mesmo o ex da ciga de Ourense dixo de facer outro partido de unidade, unidade da "esquerda" e decir dos fabulantes de sempre)