Estas son as propostas dos partidos do Parlamento para mellorar a vida dos galegos

Memoria histórica, medidas de mellora dos servizos públicos ou unha axenda galega, entre as prioridades dos grupos da oposición. As propostas do PP agrúpanse en economía e emprego, sectores produtivos, políticas de benestar, infraestruturas e temática institucional.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/10/2018 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

Memoria histórica,  medidas de mellora dos servizos públicos, máis autogberno, protexer a obra de Castelao ou unha axenda galega son as prioridades dos grupos da oposición nas iniciativas que o grupos da oposición levan ao debate de política xeral que culminará este xoves. Así,

Feijóo, no Debate sobre o Estado da Autonomía. XUNTA
Feijóo, no Debate sobre o Estado da Autonomía. XUNTA

En Marea pide un cambio de modelo económico, con actuacións como a derrogación da denominada "lei de depredación" --lei de implantación de iniciativas empresariais-- e a protección dos sectores produtivos de Galicia, a mellora da sanidade pública e os servizos sociais e o recoñecemento das vítimas da ditadura franquista, o que inclúe a exhumación de corpos e a recuperación de Meirás para o público.

Este partido propón tamén un novo plan eólico, un mapa de solos de Galicia, indemnizar ás persoas que perderon a súa vivenda en Tui pola explosión da pirotecnia, actuacións para evitar o que ocorreu no accidente do Marisquiño, medidas contra a violencia machista, reclamar a transferencia e rescate da AP-9 e apostar polo ferrocarril de proximidade.

Despois do discurso do presidente autonómico no desembalaxe do cadro de Castelao 'A derradeira leición do mestre', En Marea insta nunha proposta de resolución a que a Xunta "recoñeza a verdadeira simboloxía deste cadro que "non é outro que representar a brutal represión franquista, homenaxear as vítimas representadas na figura de Alexandre Boveda".

Sobre a recuperación do Pazo de Meirás, que tamén está incluída na mesma proposta de resolución relativa a memoria histórica, Antón Sánchez incidiu en que "lle toca mover ficha ao Goberno do Estado" e, por tanto, instan a "recorrer ás vías administrativas e civís" pertinentes para reverter este inmoble á administración pública. Tamén na iniciativa levan propostas para a exhumación das vítimas e a anulación dos consellos de guerra.

Feijóo, no Debate sobre o Estado da Autonomía. XUNTA
Feijóo, no Debate sobre o Estado da Autonomía. XUNTA

PSdeG

Mellorar a vida dos galegos, impulsar unha Galicia moderna e sustentable medioambientalmente, conseguir máis democracia e autogoberno, ademais de "recuperar a forza dos servizos públicos" son os obxectivos que buscan as 40 propostas de resolución presentadas polo PSdeG.

Deste xeito, entre outras cuestións, os socialistas galegos piden, a través das súas propostas, un mínimo de 20 centros de saúde no horizonte 2020, para o que reclaman un investimento mínimo de 10 millóns de euros. Neste punto, Vilán criticou que Feijóo iniciase o seu mandato en 2009 comprometendo 62 novos centros de saúde. "Non se fixeron nin 20 e onte anuncia 17 pero só fala do de Lugo", sinalou.

O PSdeG, así mesmo, reclama o impulso do diálogo social para acordar medidas de recuperación das condicións de traballo e o aumento da estabilidade laboral nun horizonte de seis meses. Vilán referiuse especialmente á situación laboral das mulleres ao asegurar que "por cada home con contrato temporal hai catro mulleres".

Así mesmo, os socialistas esixen incrementar o persoal dos equipos de valoración da discapacidade para evitar que se prolonguen situacións como as de Pontevedra, onde "un neno ten que esperar un ano para terminar coa súa valoración, e iso cando é prioritario". Entre outras cuestións, os socialistas galegos apostan por abrir visitas gratuítas ao Pórtico da Gloria, así como aos demais monumentos declarados como ben de interese cultural que pertencen á igrexa.

En materia de Memoria Histórica o PSdeG urxe medidas para facilitar a procura e localización das vítimas da Guerra Civil así como que o Goberno central termine o informe xurídico para conseguir a incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público.

BNG

A idea de maior "poder político e económico" que a portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón, trasladou durante o seu discurso no pleno do debate de política xeral foi trasladada ás propostas que os nacionalistas defenden para Galicia. Algunhas delas son: unha "axenda galega", frear os "recortes" en materia social, e especialmente en sanidade, e comprar o cadro de Castelao --agora exposto na Cidade da Cultura-- 'A derradeira leición do mestre'.

Sobre a loita contra a violencia machista, o BNG propón que o 1 por cento do orzamento autonómico destínese a este fin. Un dos bloques de propostas é a relativa a unha "Galicia con maior capacidade de decisión". Para iso, pide abrir un relatorio para un novo marco político, porque "Galicia non pode quedar atrás" nun "redeseño" do Estado.

Mentres, dixo que "hai moito que facer" e, dentro desa "axenda galega" que propón o BNG atópase "axilizar a transferencia e o rescate" da AP-9, unha infraestrutura "requeteamortizada". Tamén pide negociar un sistema de financiamento xusto, no que Galicia "leve a chave do diñeiro" e apóstese por un "concerto económico" para a Comunidade. Unha "pata" diso é constituír unha banca pública galega.

Mentres, no ámbito dos servizos públicos, o BNG propón "frear os recortes e privatizacións" e "recuperar o emprego perdido" no sector público, así como "frear a deterioración" da sanidade pública, facendo especial fincapé na situación actual de Povisa.

PP

As propostas do grupo maioritario agrúpanse en cinco bloques: economía e emprego, sectores produtivos, políticas de benestar (benestar, educación e sanidade), infraestruturas e, por un último, un grupo de temática institucional.

No primeiro destes apartados, enmarca distintos anuncios realizados o martes polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como a rebaixa da débeda, a baixada de impostos para a compra de vivenda usada, a convocatoria da Conferencia de Presidentes para abordar o financiamento autonómico, así como a posta en marcha dun plan de Segunda Oportunidade para aqueles mozos que nin estudan nin traballan.

Neste punto, o número dous do PPdeG, Miguel Tellado, aproveitou para criticar os "bandazos" do Goberno de Sánchez e avanzou que os populares pedirán que o Executivo central "non leve adiante" a súa nova fiscalidade para o diesel polo "impacto negativo" que tería para Galicia. Ademais, o PPdeG tamén aposta por, di, "continuar mellorando as condicións laborais" dos empregados públicos.

Así mesmo, no segundo bloque, o de sectores produtivos, o PPdeG ve con especial interese a celebración do próximo Xacobeo 2021. Por iso, propón impulsar a súa preparación "facendo partícipe a toda a sociedade, incluídos os grupos da oposición". "Ten que ser un Xacobeo de todos, incluínte", apuntou.

En materia de benestar, os populares propoñen a elaboración dunha Lei de Impulso Demográfico para Galicia, a licitación das sete residencias das cidades galegas no primeiro trimestre de 2029 ou a ampliación do bono autonomía.

Ademais, apostan por alcanzar un pacto galego contra a violencia machista que teña como base o ditame da comisión permanente que no Parlamento de Galicia que aborda esta cuestión. Tamén propoñen o desenvolvemento dun plan de hospitalización a domicilio, un rexistro de enfermidades raras ou a modificación da Lei de prevención do consumo de alcol en menores.

En materia de infraestruturas, incidirán na necesidade de que se traspase a Galicia a AP-9, de que se finalice o AVE, así como a posibilidade de chegar a un Pacto da auga coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para garantir o abastecemento.

Por último, en canto á temática institucional, o PPdeG pide que o Senado reforce o seu papel de representación territorial e avoga por coordinar actuacións con outras institucións para facilitar ás familias das vítimas da Guerra Civil e da represión franquista a localización dos restos mortais dos seus familiares.

SOBRE CHEGAR A CONSENSOS

Preguntado pola posibilidade de chegar a consensos co PP, Antón Sánchez, de Anova, indicou que xa contan cunha "experiencia previa de pouca vontade de acordo por parte do PP" e lembrou que "quedan poucas horas" para despexar as dúbidas.

Cos grupos da oposición, indicou que hai "eixos conxuntos", en cuestións como os servizos públicos fronte á privatización ou o cambio de modelo produtivo ou ordenar territorialmente o país. Asuntos, entre outros, nos que ve posible o consenso entre a oposición, como este martes pedía o portavoz de En Marea, Luís Villares, para alcanzar un novo "pacto social".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta