PP e PSdeG pactan sobre reformar o Senado, a conferencia de presidentes e o autogoberno constitucional

En Marea non votará favorablemente a ningunha das iniciativas do PPdeG, mentres que o BNG dirá si a unha iniciativa dos populares, relativa á inspección das pontes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2018 | Actualizada ás 22:26

Comparte esta noticia

O PPdeG e o PSdeG chegaron a acordos para pedir unha reforma do Senado e convocar a conferencia de presidentes, dúas iniciativas que parten dos populares e que contarán co apoio dos socialistas após incorporar algunhas matizacións. Así mesmo, os socialistas apoiarán, dos populares, unha iniciativa sobre transporte público.

Cume do seis presidentes autonómicos en Zaragoza
Cume do seis presidentes autonómicos en Zaragoza | Fonte: GOBIERNO DE ARAGÓN

Nunha longa xornada de negociacións, populares e socialistas chegaron a acordos para convocar a Conferencia de Presidentes, como así propuxo tamén e reclamou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Debate do Estado de Autonomía. En concreto, pecharon un consenso despois de que os socialistas pedisen ter en conta o calendario electoral, tendo en conta que Andalucía prevé celebrar comicios autonómicos en decembro.

Ademais, os socialistas tamén apoiarán unha iniciativa do PPdeG para dar un impulso ao seu papel como Cámara de presentación territorial após acordar un texto.

Pola súa banda, o PPdeG apoiará unha proposta de resolución do PSdeG coa que o Parlamento se situará, polo menos cos votos destes dous grupos, en contra da "recentralización" de funcións ou competencias ao Estado, á vez que se reafirman co autogoberno "na Constitución española".

Así mesmo, os populares apoiarán, con modificacións, iniciativas do PSdeG sobre vivenda, igualdade na xustiza, medio ambiente e política forestal. Pola súa banda, En Marea non votará favorablemente a ningunha das iniciativas do PPdeG, mentres que o BNG dirá si a unha iniciativa dos populares, relativa á inspección das pontes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta