Trasladan a un hospital a unha persona que resultou intoxicada nun incendio na Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2018 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

Unha persona foi evacuada polos servizos de Urxencias Sanitarias 061 cunha intoxicación por inhalación de fume logo dun incendio declarado nun edificio da Coruña que se orixinou no colchón dunha das vivendas.

Os bombeiros interveñen nun incendio
Os bombeiros interveñen nun incendio | Fonte: Miguel Núñez

O suceso tivo lugar ao fío das 05,30 horas da madrugada do venres nun edificio situado na Ronda de Outeiro, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

Alertados por un veciño, os servizos de emerxencia mobilizaron a un equipo dos bombeiros da Coruña, que localizaron a orixe do incendio nun colchón situado no interior dunha das vivendas do edificio.

INCENDIO EN POIO

Así mesmo, outro incendio rexistrado na madrugada do venres en Poio (Pontevedra) saldouse sen ningún ferido. Segundo apunta o CIAE 112, a orixe do lume foi un móbil que comezou a arder cando estaba enchufado á rede eléctrica.

As chamas calcinaron parte da vivenda, situada no lugar de Valiña, pero ningunha persona resultou afectada. Os bombeiros de Ribadumia, Pontevedra e membros do GES de Sanxenxo colaboraron nas tarefas de extinción do lume.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta