Alerta laranxa na Costa da Morte por temporal con ondas que poderían chegar a seis metros

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) decretou o aviso laranxa na metade sur da costa da Coruña debido ao temporal de vento, ondada e choiva que afecta o litoral de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2018 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

Elevado a laranxa o aviso na Costa da Morte a partir do mediodía deste venres, nivel que se manterá nesta zona ao longo de toda a xornada ante a previsión de mar combinada de compoñente oeste e suroeste con ondas que poderían alcanzar o seis metros e ventos de forza sur suroeste de forza sete.

Ondada na costa de Lugo. EUROPA PRESS - Archivo
Ondada na costa de Lugo. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

O resto do litoral galego permanece en aviso amarelo por fenómenos costeiros por vento de sur ou suroeste de forza 7 e mar combinada de oeste ou suroeste de 4 a 5 metros. Ademais, o interior das provincias de Lugo e A Coruña tamén están en aviso amarelo por choivas e vento.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, como diques, rompentes ou paseos marítimos. Ademais, recomenda estremar as precaucións nas actividades desenvolvidas no mar e revisar os amarres das embarcacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta