Galiza Nova queima un boneco caricaturizado como o rei Felipe VI nun acto en Santiago

A organización xuvenil do BNG reivindica a acción como "un acto de defensa da liberdade de expresión" e chama a "abolir" a monarquía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2018 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

Aproximadamente un centenar de persoas participaron na mañá deste venres nun acto en Santiago de Compostela convocado por Galiza Nova --organización xuvenil do BNG-- no que se queimou un boneco caricaturizado como o rei Felipe VI.

Galiza Nova queima un boneco caricaturizado como o rei Felipe Vin. GALIZA NOVA
Galiza Nova queima un boneco caricaturizado como o rei Felipe Vin. GALIZA NOVA | Fonte: Europa Press

A concentración tivo lugar na Praza 8 de Marzo da capital galega na mañá do 12 de outubro, Día da Hispanidade. "Non temos nada que celebrar porque nós non celebramos masacres", declarou na súa intervención Navia Rivas, membro da dirección de Galiza Nova.

O secretario xeral da formación, Alberte Fernández, reivindicou a queima do boneco que representaba ao xefe do Estado español como "un acto de defensa da liberdade de expresión, contra o réxime e todo o que representa queimando simbólicamente a monarquía española, que se mostra moi orgullosa do xenocidio cometido en América Latina".

A continuación, Fernández apelou a que o nacionalismo galego "sempre tivo clara a súa postura contraria" á monarquía "blindada" pola Constitución, que representa "a continuidade do franquismo".

Por último, pediu "romper" co Estado español porque "reprime os movementos de liberación nacional, chegando mesmo á violencia física, e cun xefe de Estado que felicita aos policías que participaron nas cargas masivas do 1-O".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 Gamela

Galiza Nova debera pensar en Queimar Outro Boneco !!! Pero semella que as ideas confusas que transmiten os dirixentes da UPG non arden ben! http://www.galiciaconfidencial.com/... Só lles falta facer campaña electoral a golpe de soplete !!!

5 Preokupado

¿Nadie en el BNG percibe que acciones como éstas generan el rechazo de muchos gallegos, algunos, incluso, posibles votantes? ¿Nadie piensa que lo de quemar al Rey y a la bandera española ofende los sentimientos de una importante mayoría de gallegos, algunos, incluso, posibles votantes? ¿Nadie en el BNG opina que este tipo de manifestaciones ahondan en la idea de que nacionalismo gallego es igual a extremismo, intolerancia y violencia? No importa lo mucho y bien que pueda trabajar Ana Pontón en el Parlamento, no importa el programa para Galicia, muchísimas personas se quedarán con imágenes como las que ilustran esta noticia.

1 Mazaira

As túas preguntas podén ter estas repostas: 1.-Nadie no PPSOE ou PODEMOS percibe que as súas accions políticas xeneran dolor, raiba, e como non rechazo, despois de 40 anos de esto que se chama democracia, moitos galegos, incluso, posibels votentes. 2.-Naide pensa que ofender a Castelao e Boveda ou comemorar o dia da Patria Galega do xéito que fan as organizacions españolistas ofende a maioría de galegos que só nos sentimos galegos. 3.- Nadie pensa que as manifestacions DIARIAS que fan partidos como o PP, PPSOE ou PODEMOS afondan na idea de que o nacionalismo español e idéntico a fascismo,mentira e violencia. 4.- No derradeiro punto nada que dicir ningún líder das organizacions españolistas traballa por GALIZA. O derradeiro foi o pacto nos orzamentos do Estado. ¿Onde queda GALIZA?.

4 Eniio

Ben,mañá imos queimar un retrato de Castelao, outro da Pontona e tamén do Pacorro. Qué risa

3 Gamela

o retardo na publicación de comentarios remata coa eliminación dalgúns ?

2 Gamela

E por se alguén de Galiza Nova ten gana de ler un chisco sobre a historia de quemar bandeiras pode ler as últimas liñas desta conversa co Boneco de Cartón http://www.galiciaconfidencial.com/...